8º edición do DesOrdes Creativas (Arte na rúa)

8º edición do DesOrdes Creativas (Arte na rúa)

, 22 de septiembre de 2015

Chega a 8ª Edición do DesOrdes Creativas.  Coma todos os anos, durante unha semana 5 artistas chegados dende distintos lugares estarán inundando de cor esta vila de Ordes. (A Coruña)

Este ano o evento terá lugar do luns 5 ao domingo 11 de Outubro. Neste tempo, os convidados pintarán na rúa facendo gala da súa arte para todo o público asistente. Unha proposta diferente e estimulante para os máis curiosos da arte.
Os artistas convidados para esta edición son:
SPOK (Madrid) ( www.spok.es )
INO (Atenas )
Malakkai (Almería)
Doa Oa (Galiza)
Sabek (Madrid)

E como non todo vai ser traballar tamén haberá festa o venres 9 con música en directo!  As bandas están por confirmar pero axiña teremos novas ó respecto.

Permanecede atentos …

Para abrir boca, deixámosvos cun vídeo de Manuel Calavera onde repasa algúns dos traballos deixados en anteriores edicións do festival de Ordes, onde poderedes apreciar o aspecto dos muros da vila. Algúns deles son realmente espectaculares:

desordes

AÑADIR COMENTARIO