Novo video «Xeración X», de True Mountains, para o Xabarín

Novo video «Xeración X», de True Mountains, para o Xabarín

, 5 de octubre de 2015

O dúo de Viveiro, True Mountains, protagonista no novo vídeo seleccionado para O Xabarín Club. Escoita o seu tema «Xeración X»

Afloxan un pouquiño na súa onda habitual de punk rock, pero sen perder o seu espíritu nun tema moi divertido para un clube que sempre nos trae bos recordos a case todos.

E se ben nós non temos Karaoke coma o Xabarín Club, sí que podemos deixarvos a letra do tema de True mountains:

«-Ano trais ano, fuches medrando sen parar
comigo sempre ó teu carón
-A natureza, no seu estado orixinal
o entorno do teu fogar
-O porco bravo esperaba, mentres tanto
ó son da onda vital.

Isto é, o clube xabarín, aquí atoparás, a tódolos teus amigos
Isto é, o clube xabarín, apaga a consola, e ven xogar comigo
Isto é, o clube xabarín, aquí atoparás, a tódolos teus amigos
Isto é, o clube xabarín, nunca te esquecerás, de todo o vivido.

Merendarás cun sorriso
E a hora da diversión
Orgullo da nosa terra
O berro dunha xeración. OINK OINK OINK OINK

-No monte ou praia, calquera sitio era xenial
co avó subido no tractor
-As carrilanas, iban costa abaixo sen motor
ninguén nos podía para.
-Facendo cabanas nas árbores, dia e noite
Nunca o poderei olvidar!

Isto é, o clube xabarín, aquí atoparás, a tódolos teus amigos
Isto é, o clube xabarín, apaga a consola, e ven xogar comigo
Isto é, o clube xabarín, aquí atoparás, a tódolos teus amigos
Isto é, o clube xabarín, nunca te esquecerás, de todo o vivido.

Merendarás cun sorriso
E a hora da diversión
Orgullo da nosa terra
O berro dunha xeración. OINK OINK OINK OINK»

[rev_slider entradaslider]

AÑADIR COMENTARIO