
Novo disco de Xabier Díaz xa disponible (novo videoclip na entrada)
Presentamos o adelanto do novo disco do Autor Coruñés Xabier Díaz. «Langueirón» é o terceiro sinxelo do novo disco «The tambourine man», coa participación das Adufeiras de Salitre.
Coñecido polo seu traballo en grupos como Rumbadeira ou Berrogüetto, este coruñés polifacético é experto en canto tradicional, percusión, gaita, danza… un auténtico cultivador do folk de orixes galegas cunha carreira dilatada en case todos os aspectos da música.
«The tambourine man» será o seu terceiro disco en solitario tras «Músicas de salitre» e «Coplas para Icía». Chegados a este punto, Xabier Díaz desplega a mellor das súas artes centrándose na percusión e o canto no seu novo traballo.
As Adufeiras de Salitre acompañan a Xabier, integrando a súa arte e posta en escea nos cortes do novo disco, aportando o seu toque tradicional e todo o seu bo facer, formando un conxunto ben integrado e sólido nunha producción fermosa e ben traballada, cun sentimento que se transmite nada mais escoitalo.
O disco está no mercado dende hoxe mesmo, e poderedes escoitar a presentación en vivo no teatro Rosalía de Castro, na Coruña o día 16 de outubro.
Mentras tanto, poidedes ver o novo videclip «Langueirón» aquí mesmo. Non ten desperdicio e gustará tanto ós amantes do folk galego coma a os máis afastados da música tradicional de Galicia
AÑADIR COMENTARIO