Novo videoclip de Poetarras “Eu (non) son, pero…”

Novo videoclip de Poetarras “Eu (non) son, pero…”

, 23 de octubre de 2015

Os temas de Poetarras son dardos lanzados con moita intención contra o que eles consideran digno de mención. Coñece ao colectivo artístico que está a levantar tanto ruido, desde Cangas.

Os cangueses Manuel Gago e Rubén Lino, e o amaense Daniel Villaverde levan xa dous anos lanzando mesaxes  de alto contido social e político no seu canal de youtube. Revolucionaron ós medios co seu coñecido hit “Feijóo”, que se fixo viral adaptando o clásico “Roar” de katie Perry en dubidoso honor ó presidente da Xunta de Galicia.

O obxectivo do colectivo é ben transparente: Ofender a alguén en algures por algo.

O tema que nos ofrecen hoxe na súa visión social, fala das dobres morais de moita xente. “Eu non son.. pero” ataca ás etiquetas que as veces nos poñemos sen pararmos a pensar o que somos realmente. E destrúe as afirmacións máis nobres cunha soa palabra; PERO.

Sen máis deixámosvos cos arterroristas de Poetarras, facendo gala do seu sentido do humor e o seu compromiso social. Dende Pentavox.net invitámosvos a pensar e facer un pouco de autocrítica co novo vídeo de Poetarras

 

AÑADIR COMENTARIO