Caxade representa a Galicia. Festival Europeo de Lenguas Minoritarias

Caxade representa a Galicia. Festival Europeo de Lenguas Minoritarias

, 23 de noviembre de 2015

Foto Diego Torrado – ¿Y quién es Caxade y a mí qué me importa todo esto?…Buena pregunta. Para empezar debería escribir esto en gallego porque de eso va la noticia: Del representante gallego en el Festival Europeo de Lenguas Minoritarias. Así que imos aló.

Caxade é Alonso Caxade. Repeitado músico galego, acordeonista en Pel de Noz, Cuarteto Caramuxo e Cabraret, ademáis de bombardinista na Orquestra Os Modernos. A traxectoria é impecable. Xa en Pel de Noz recuperaba pezas de música galega para acordeón, violín e contrabaixo, a faceta máis divertida foi Cabraret onde cun acordeón e o contrabaixo de Alberte Rodríguez acompañaban á voz de Iria Pinheiro nun extraño cabaret galego onde cada un tiña un personaxe peculiar. E na orquestra Os Modernos Alonxo Caxade formaba parte de unha banda de principios de século, sen amplificar, todo instrumentos acústicos, e percorrendo festas galegas facendo competencia ás grandes máquinas festivas do camión escenario…e gañando a batalla.

O seu é unha renovación da música galega máis popular, rescatando a música de principio do século vinte e dándolle unha nova interpretación contemporánea. É dicir, que tocan o bombardino ó ritmo do IPad. Ou o seu novo invento de facerse acompañar pola Banda de Música de Bandeira.

Agora que xa coñeces ó personaxe, xa sabes porqué vai a representar á lingua galega no Festival Europeo de Linguas Minoritarias, un festival que este ano se celebra o 11 de decembro en Udine (Italia), e onde acuden representantes das linguas recollidas na Carta Europea de Linguas Minoritarias. Por suposto está a galega…

Acompañan a Alonso Caxade na banda Manu Paino, Manu Espinho e Xosé Tunhas, e levaran o seu disco «A Dança dos Moscas» co que percorren Galiza dende o 2013.

Dende eiquí moita sorte e esperamos boas novas dende Italia. Vai un vídeoclip de mostra.

[rev_slider entradaslider]

Un Comentariospor ahora:

  1. […] falamos de Caxade e o seu traballo aquí como representante no Festival de Linguas Minoritarias europeo. Non tiveron sorte no certame pero […]

AÑADIR COMENTARIO