Onda Soante, o Videoclip de Uxía e Narf de Baladas na Galiza Imaxinaria

Onda Soante, o Videoclip de Uxía e Narf de Baladas na Galiza Imaxinaria

, 4 de diciembre de 2015

A pasada primavera, tivemos a ocasión de acudir á fusión musical de Uxía Senlle co compositor Narf, no que supuxo o nacemento do disco “Baladas da Galiza imaxinaria”. Hoxe invitámosvos a disfrutar do seu Videoclip “Onda Soante”, un pracer hipnótico pros sentidos.

Fran Pérez Narf é un desde tipos inquietos, un artista variado coma poucos, tanto te toca un tema rockeiro coas letras de Rosalía, coma participa nunha obra de teatro como actor, ou escribe un musical. É un dos nosos artistas máis internacionais e gústalle mesturar a súa guitarra cos aires musicais de outros sabores (Brasil, Portugal, Mozambique…) E parece que a súa onda creativa é dunha singularidade de crecemento infinito.

Tras 3 discos como NARF, móstranos a súa cara maís íntima xuntando forzas con Uxía Senlle, nun traballo excepcional a nivel sonoro e compositivo.

Uxía é unha das maiores representantes do Folk galego a nivel Internacional. Acostumada a viaxar por todo o mundo coa súa voz como boleto, sempre recolle das súas viaxes para incorporar ó seu repertorio eses matices que chegan das colaboracións para dar novos impulsos ás súas creacións. Cruces culturais que marcan a súa traxectoria como artista, e resultan decisivos para o momento creativo que está a vivir.

Entón temos a dous artistas ós que lles encanta a fusión, que a súa vez están a ser fusionar no seu novo traballo. Dan ganas de se fusionar con eles ¿non sí? Pois a mellor maneira de o facer e darlle ó play, e meterse de cheo nesta viaxe hipnótica da “Onda Soante”.

O videoclip é un deses traballos que parecen doados, pero a súa sinxeleza e o ritmo dos planos, fan un conxunto perfecto coas melodías case espidas de NARF. Temos a sensación de estar aí con eles desfrutando dos sons da fraga. Non só como público, senón como parte deles mesmos.

.

Videoclip do tema «Onda soante», do primeiro traballo conxunto de Uxía e Narf, ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.

Máis info: www.baladas.gal

Letra: Segundo Pérez Queiro
Música: Fran Pérez, Narf
Realización vídeo: Karlos Abal

Un Comentariospor ahora:

  1. […] Clave de Fado, grupo fadista de aquí, de nuestra tierra. También pasaron por nuestra redacción Uxía e Narf o Xabier Diaz todos ellos artistas de […]

AÑADIR COMENTARIO