Dakidarría do Valmiñor. Entrevista.

Dakidarría do Valmiñor. Entrevista.

, 22 de diciembre de 2015

Traémosvos a entrevista a Dakidarría que fixemos para o número 2 de Pentavox. Un dos grupos con máis movemento neste 2015 e que anda a argallar novos traballos para este 2016

Dakidarría según wikipedia “Dakidarría es una banda española de ska punk y reggae procedente de Valmiñor, en Galicia. Fundada en el año 2003, sus letras en español y gallego, además de usar hasta 12 lenguas a lo largo de su discografía, hacen numerosas críticas políticas y sociales en contra del capitalismo, el consumismo y la alienación. A pesar de ello, su música es descrita como “alegre y divertida” tratando de transmitir la máxima zapatista de “Rebeldía y alegría”. Defienden el internacionalismo, la libertad o segregación de los pueblos y la diversidad cultural. Numerosos colectivos sociales gallegos utilizan su música para diversos proyectos. Están conformados por ocho músicos. ”

Pentavox – Vamos por partes. …Ska…Punk…reggae?….Cumbia?

Dakidarría- Non hai porque pechar un grupo a un estilo musical en concreto. A nosa idea sempre foi fusionar ritmos Punk-rock con Ska, Reggae, Rap, Folk ou o que faga falta. Iso si, polo de agora o da Cumbia que comentas aínda non xurdiu. Por outra banda deberíamos dicir aquí que nos parece mellor definición da banda a que aparece na Galipedia que a que aparece na Wikipedia, jeje.

P – Sígovos dende aquel “Realidades Alienantes…” e a continuación “…Utopías emergentes”. Agora parece que estades nunha transición tras o directo “10 anos na rúa” e terminando de gravar algo chamado “De cuncas e de mar”. ¿Qué é iso ou qué se pode saber?

D – Dez anos na rúa foi unha xira de celebración do décimo aniversario que durou dende Maio de 2013 ata Decembro de 2014. Con motivo deste aniversario editamos un vinilo recopilatorio pero non un disco en directo. “De cuncas e de mar” é o próximo traballo que editaremos. Trátase dun CD+DVD que recolle un concerto en directo e unha reportaxe sobre a banda en xira. Sairá á venda a principios de 2016 da man de Maldito Records. Recollemos a enerxía dun concerto de Dakidarría en directo, man a man co noso público e amosamos algunhas das experiencias da banda de portas cara dentro. Estamos moi ilusionados coa saída deste traballo xa que o resultado está sendo brutal. Ademais, ó ser en directo, é un disco que fixemos entre tod@s: Músicos, colaborador@s, público, técnicos…

P – Para 2016 xa sabemos que ides ó ViñaRock con un montón de grupazos e a un novo festival en Ourense en xuño. ¿Hai mais concertos pechados? ¿Hai xira “De Cuncas e de Mar”? ¿E novo disco?

D – Comezaremos o ano centrados na presentación do CD+DVD “De cuncas e de mar”. Imos visitar diversas cidades da península no primeiro semestre do ano ó mesmo tempo que seguiremos preparando cancións para un novo traballo de estudo. Promete ser un ano moi movido entre concertos e estudo de grabación. Ademais últimamente estamos sacando a cabeciña por Europa e o 2016 vai ser un ano de moitos kilómetros polo vello continente.

P – As vosas letras son moi reivindicativas. Parte do voso encanto. ¿Algunha censura ou conflito coa Lei Mordaza? ¿Pensades que poderiades ter algún problema ou aviso como lles pasou a Def Con Dos ou Poetarras?

D – Polo de agora non hai problemas con iso. Non quere dicir que non os poida haber xa que cada vez podemos dicir menos cousas neste “país de liberdades”. O que temos claro é que calquer día poden vir por nós xa que cantamos contra o sistema, contra as súas políticas e o seu terrorismo camuflado pero non temos nin medo nin imos autocensurarnos. Que veñan co seu circo se queren…o que está claro é que non nos van facer calar con medo.

P – Xa metidos en xardíns, París, Siria, etc…¿Pódese cantar con alegría para denunciar tantas inxustizas no mundo?…Dígoo por iso de “Rebeldía e Alegría”

D – Precisamente diso se trata. Todo é tan terrorífico que moitas veces a xente baixa os brazos e desiste. Cando falamos de “rebeldía con alegría” falamos de tratar de manter a cabeza erguida con dignidade e preservar as boas enerxías en lugar de deixarse levar polo derrotismo. Estar inmenso en loitas sociais pode minar moito o ánimo e cremos firmemente que ceder a esa presión e caer no pesimismo é o que mais beneficiaría ó sistema. Debemos ser conscientes da realidade e da gran mentira onde vivimos pero sen deixar que iso nos quite a ilusión por construir algo mellor.

P – Volvendo a casa, ¿cales son os vosos referentes? ¿Levades un anaco de Lamatumbá?

D – Temos moitos referentes porque bebemos de moitos estilos e ademáis somos 8 músicos na banda. Levamos un pouco de moita xente a nivel letrístico e a nivel musical. A verdade é que Lamatumbá non foi un grupo ó que seguísemos moito no seu momento, eramos mais de Skacha, por exemplo.

P – Ata hai un anos as bandas galegas, sobre todo no folk e nas orquestras, disfrutaron da “burbulla municipal”, cando concellos e comisións de festas tiñan pasta para contratar sen problemas. Agora aqueles cachés, a veces esaxerados, se desplomaron e os dúos ou tríos téñeno máis doado. Vos sodes oito. ¿Pódese facer ben ou ides ó límite?

D – Sempre imos ó límite. A realidade que nós vivimos está totalmente alonxada do mundo das orquestras a verdade. A nós non nos afectan esas “crises” nin os chanchullos que existan entre concellos e orquestras, tríos etc. É realmente lamentable que na Galiza se movan tantos cartos entre concellos, comisión de festas, orquestras e tríos que moitas veces van en playback. É penoso.

P – A pregunta tonta. ¿Por qué hai que irvos ver?

D – Porque é mais fácil que veñades vós que que vaiamos nós ás vosas casas… Igual de tonta a pregunta que a resposta!

P – Grazas por responder. Vémonos nos concertos.

AÑADIR COMENTARIO