Esquíos: Dez anos pintando a mona

Esquíos: Dez anos pintando a mona

, 24 de febrero de 2016

Os punks de A Estrada cumpren dez anos facendo ruído. Ademais de sacar novas cancións tamén anuncian as primeiras datas da xira mundial.

Eles son Esquíos e fan punk galego. O seu novo traballo chámase «Dez anos pintando a mona» e xa hai un adianto en bandcamp. E realmente levan dez anos sen parar. Tocando en todas partes, ate na TVG, e sacando novos temas cada ano.

A celebración do magno evento dos dez anos será o 5 de marzo na Gentalha do Pichel, xa sabedes, en Compistolas, acompañados de «Os derradeiros», e ademais xa confirman a sua participación no Festival de Cans.

A xira dos dez anos promete percorrer toda Galicia e parte do estranxeiro facendo o mesmo que fixeron estes anos: Punk. Iremos engadindo datas na nosa axenda Pentavox. Non a perdades de vista.

Alá vai o seu bandcamp para escoitar un par de temas de «Dez anos pintando a mona», e podedes botarlle un ollo a toda a sua discografía no seu facebook.

[rev_slider entradaslider]

AÑADIR COMENTARIO