Escenario Aberto. Microactuacións a esgalla para unha presentación única

Escenario Aberto. Microactuacións a esgalla para unha presentación única

, 2 de marzo de 2016

Poetarras, MJ Pérez, Rubén Ríos, EmpanadiJazz, Canine, danza, teatro, audiovisuais, ilustración… Todo nun mesmo lugar e en pouco más de dúas horas e de balde. Escenario Aberto, esta noite en Santiago.

Escenario Aberto reunirá a diferentes artistas e profesionais da cultura galega nun acto multidisciplinar con xóvenes promesas e figuras consagradas da vangarda galega. No Auditorio de Galicia (Sala Mozart).  O acto comezará as 20:30 horas e as portas do recinto abriranse media hora antes. A entrada é de balde ata completar aforo.

Ata 15 espectáculos que se dan a man nun escenario, que contará co formato de micro actuación, o que está moi ben, xa que se nos aburrimos nalgunha delas non tardará en sair a seguinte. O «show» será conducido por Pablo Meixe, coñecido cómico de Ordes, e terá a responsabilidade de presentar, dar paso e manter a cordura entre todo este elenco de artistas invitados.

Esta iniciativa ven dada por os alumnos e alumnas do último ano do ciclo superior de produción audiovisual, radio e espectáculos da Escola Raio Verde de Santiago de Compostela. Esperamos que sente un bo precedente de cara ó futuro, xa que nada nos gusta máis que ver ás artes dándose a man nun mesmo evento.

Deixámosvos aquí un monólogo de Pablo Meixe para que vos axude a animarvos a acudir esta noite ó Auditorio de Galicia e invitámosvos a compartires o evento axiña, que é esta mesma noite.
.

 

[rev_slider entradaslider]

AÑADIR COMENTARIO