Camiño Iria Flavia. Acadacanto presenta videoclip.

Camiño Iria Flavia. Acadacanto presenta videoclip.

, 5 de marzo de 2016

Existen lugares con un encanto especial para levar a cabo certos eventos propios do ser humano. Churrascadas en parques forestais, churrascadas en praias salvaxes, botellón en prazas públicas… Pero entre estes e outros moitos, hainos que teñen unha sintonía especial para que a música alcance toda a sua beleza.

É o que ocorre co grupo Acadacanto e o seu videoclip “Este meu camiño” onde versionan o poema de Rosalía de Castro do mesmo nome.

Este tema pertence ó EP “A rosa d’Adina” publicado en decembro do 2013. Para os curiosos dicirvos que Adina é o cemiterio de Iria Flavia onde descansan os restos da nosa gran poetisa. É logo un álbum adicado a ela, ó seu legado tan importante para a nosa cultura.

Un tema que cobra unha dimensión especial ó ser rodado en ese pequeno espazo máxico dos xardíns da Catedral de Tui, curiosamente, un lugar onde o camiño portugués penetra en Galicia. Vila simbólica a escasos metros da costa irmá.

Veterano cuarteto formado por Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero, Guadi Galego e Xabier Díaz, este traballo en que recorren seis poemas de Rosalía de forma intimista e delicada madurou perfectamente. Pasados xa algúns anos regálannos un pequeno vídeo. Un pracer para os oídos e para o alma. Desfrutádeo de noite, despois de ver un partido Celta vs Depor, para calmar os nervios e irmandarmos. Ven de marabilla.

Éntranme gañas de invadir as Ficas (Cíes), ah non, que xa son galegas. Pois a Toralla que é privada. Un saúdo para os “torallenses”. “Apréciovos e envéxovos case por igual”.

AÑADIR COMENTARIO