Familia Caamagno, Roger de Flor, Hijos de la Sal…Máis madeira para a industria musical

Familia Caamagno, Roger de Flor, Hijos de la Sal…Máis madeira para a industria musical

, 11 de marzo de 2016

Hijos de la Sal presenta novo EP de 3 temas e xira galega. Roger de Flor trae novo disco completo con 11 cancións nunha amplia selección de estilo e Familia Caamagno estrea disco e novo videoclip no seu estilo gamberro e desenfadado. Variedade e cantidade entre as novidades da semana.

Hijos de la Sal. O novo traballo de Hijos de la Sal é un EP de 3 temas que serve de adianto para o seu novo traballo que están a argallar con aínda máis material. Están presentando o seu novo son nunha xira que os leva por toda Galicia. Este mesmo fin de semana podémolos ver en directo xunto a Look Out Brother na sala Filomatic en A Coruña.

Os 3 temas consolídanse en torno a sonoridade da banda, mostrándose con forza baseado nas súas guitarras e progresións de estilo claramente rockeiro, compacto e con unha producción ben traballada. Podedes escoitar os 3 temas aquí mesmo
.

Roger de Flor ataca de novo cun traballo chamado “Apelón”. O músico de Ferrol presenta un disco completo de 11 temas, no que mistura o galego, o italiano, o inglés e o castelán na súa onda pop/folk de cantautor para un disco cheo de detalles e unhas letras ben traballadas que nos falan sobre as fantasías cotiáns. Rancheiras, American Folk, pop… toda unha miríade de estilos e participacións de auténtico luxo nas partes instrumentais e os coros. Poderemos escoitar un amplo abanico de posibilidades musicais e instrumentos como acordeón, harmónica, banjo que amplían o espectro musical por riba da formación clásica. Estará este fin de semana en Pontecaldelas actuando en Jamarte, e tamén ten programada unha presentación ao grande no Garufa Club de A Coruña para o día 23.
Un disco abalado por Feiticeira Producións e que podedes escoitar aquí mesmo:

Non estamos a faltar a ninguén. Pero o parece. É o que pasa coa Familia Caamagno, que atacan de novo con este vídeo da canción Monstro Subnormal que é a presentación do seu EP. Rock en galego para bailar e non ter que pensar moito.

De novo co selo Lixo Urbano, que xa ten vinte anos, e formando parte do seu último disco “Para unha vez que saímos”. A canción segue na liña do grupo. Rock que bebe dos clásicos dos sesenta e setenta. Con ese toque garaxe, surf, beat. Moita reverb e guitarreo a mancheas. Seis temas chamados «Non saio máis«, «Lausanne on my mind«, «Eu moto run-run«, «O tempo do lobo» e «Fuga de cerebros«, completado co tema do vídeo. Grabado baixo o mando do super-xefe Jorge Explosión.

E hai que destacar a marca da casa, esas letras irreverentes, provocadoras e doadas de cantar que tanto gustan ós seus seareiros. A banda aposta polo directo, a festa e pasalo ben, e de seguro que a xente vai estar encantada de saltar e facer pogo gritando Monstro Subnormal. É o que se espera de xente que fai cancións como “Surfistas Nazis”, “Baila ghanhán” ou “Ritmo da caverna”. No fondo son os representantes do garaxe máis cavernario de Galicia e hai que os querer.

En canto ó vídeo non é gran cousa. Máis ben é un atentado. Unha pequena historia con final feliz e baile parvo para pasalo ben. Unha escusa coma outra calquera para mover o cu. Non lle deades máis voltas.
.

 

[rev_slider entradaslider]

AÑADIR COMENTARIO