Traboute. Novo disco “Flúe”. O recopilatorio definitivo.

Traboute. Novo disco “Flúe”. O recopilatorio definitivo.

, 29 de marzo de 2016

Falando de flow estos días. Chegan os Traboute e sacan novo disco. Chámase Flúe. Cousas da vida que ten camiños extraños.

Traboute é un proxecto vello e novo. Unha banda formada hai dez anos que no 2011 fixo un parón. Agora o seu líder, Ramón Sánchez, resucita ó grupo e publican este álbum, Flúe. É un pequeno Frankenstein composto de cancións de varias épocas da banda. Os catro primeiros temas veñen do anterior proxecto e son de 2005. Os seguintes catro xa eran de Traboute e están feitos en 2009. E xa os catro últimos non se chegaron a publicar en 2011 pola disolución do grupo en aquel tempo.

Así que o disco é unha recopilación no tempo da evolución compositiva do grupo. Eso si, gravados hoxe en día en 2016, en estudios Queiroás da Coruña e autoproducido. Así que o son é bastante actual e potente, e tocado polo propio Ramón Sánchez e dous membros máis da banda, Dis e Kaine.

E o estilo?…Pois tamén varía co tempo. Comeza bastante thrash e termina con máis contundencia chegando a metal e hardcore. A típica evolución dunha banda. Así hai temas dos primeiros tempos como … e eu son o rei! e A Gata, medio tempos escuros e con voces guturais, Unha historia de abismos e de homes e 4centos80 que son máis death metal con ese “in crescendo” que busca atopar o clímax final, que son de outra época. E os últimos temas xa máis extremos, como O feitizo da carne. Baterías poderosas e guitarras afiadas, das que fan saltar o radar da Garda Civil, e xa máis doble bombo rápido en Agra de Cemento.

O disco é un digno recopilatorio da banda. Algo así coma unha homenaxe propia e “un agasallo para os que amosaron o seu interese por Traboute”, como ben explican eles no libreto do disco.

Por certo, que o CD ven acompañado dun estupendo traballo visual, coas letras, deseño gráfico para cada canción, agra de cementos, e datos de interese. Que estas cousas hai que coidalas para os fanáticos coleccionistas de discos, que somos moitos.

Por certo, que todo está cantado en galego. E de vez en cando está ben atopar bandas de metal que canten na nosa lingua. O inglés está ben, pero xa me costa entendelo falando normal, imaxinade cando é berrado de forma gutural e con baterías extremas. Xa que tes algo que dicir, que se entenda. Non é?

Coma sempre, esta é a noticia, pero mellor que o escoitedes vos mesmos, que podedes darlle unha escoita aquí
.

AÑADIR COMENTARIO