Todo me fala de ti. Un vivamos coma galegos pero versión soft.

Todo me fala de ti. Un vivamos coma galegos pero versión soft.

, 31 de marzo de 2016

Poesía e música en ocasións se fusionan para ser unha mesma cousa ou, en si mesma, a poesía é na sua esencia, música e viceversa. Seguro que moit@s ó ler viceversa xa se apoltronan na sua cadeira eléctrica doméstica prestos a desfrutar do bodrio de sobremesa diario. Teño a esperanza de que algún día Pentavox substitua estes malos hábitos alimenticios neurais.

Ó marxen de esta crítica social o motivo de hoxe é falarvos de “Todo me fala de ti”, videoclip homónimo pertencente ó libro – disco “Canta o Cuco” de Uxía e Magín Blanco.

Atopámonos ante un poema en 3D. Música, imaxe e voz únense para dar forma a un tema intimista, luminoso que exalta a beleza da nosa terra.

No nomeado vídeo unha nena guía a unha especie de “trasgo” dos 80, dígoo pola súa cazadora; una marabilla, a través de la natureza da Terra Cha.

Homenaxe a un ilustre da nosa lingua patria, Manuel María, acompáñase o poema de unha evocadora melodía musical a cargo de unha guitarra y acordeón. O resultado se asemella a un arrolo que invita a taparte con  manta namentres saboreas a canción ó tempo que recuperas das túas lembranzas eses fermosos lugares que en compañía ou en solitario, a bon seguro, haberás recorrido.

O videoclip prodúceo  “Oliconh” e ven interpretado por Andrés Giráldez e Irea Navós.

Deixámosvos a ligazón para que vos tapedes a gustiño. Non apto para fans de John Cobra.

AÑADIR COMENTARIO