“Día Novo”, videoclip novo con ITH

“Día Novo”, videoclip novo con ITH

, 6 de abril de 2016

Hay cativos que o pasan realmente mal no primeiro día de colexio. Algúns, especialmente os máis pequenos, non son capaces de separarse dos seus pais e rompen a chorar namentres se abrazan á súa nai; separalos ás veces é como intentar resolver un Sudoku nun día de resaca. Imposible.

Pero o máis bonito é ver o cambio que se produce na maioría de eles cando os imos buscar. Tras sofrer o trauma da adaptación ás clases e coñecer (ou retomar) ós compañeiros volven ben felices e descobren que empezar algo novo tamén ten o seu encanto.

Os coruñeses (Mesia) ITH preséntannos o seu primeiro traballo “Forte” e lévannos a revivir a súa infancia neste, o seu segundo videoclip “Día Novo”. Un curto de aire retro que nos transporta ós 80, cun acabado de cinta VHS e cheo de elementos propios da infancia de moitos dos nosos lectores. Un videoclip gravado na Escola Unitaria de Lanza coa participación dos alumnos do centro (autorizados polos seus pais e tutores) baixo a dirección de PixelinPhoto.

O tema o que acompaña a montaxe “Día Novo” presenta unha mistura de xéneros entre o pop e o rock (máis preto do rock alternativo) cunha melodía potente e unha letra moi optimista que nos fai pensar en grupos como U2 ou ColdPlay. Unha canción pegadiza que luce espléndida na voz de Lucía, que se presenta con moita máis forza que no primeiro single.

Segunda bala dun traballo “Forte” que nos resulta moi interesante e do que falaremos en entradas vindeiras de un modo exhaustivo. Un grupo a seguir que comeza a súa discografía a un nivel moi alto. Mentres tanto desfrutade de “Día Novo” e deixádevos levar por este retorno á infancia que nos ofrecen ITH:
.

AÑADIR COMENTARIO