Xa podes escoitar “Forte”, o disco de Ith, ó completo.

Xa podes escoitar “Forte”, o disco de Ith, ó completo.

, 18 de abril de 2016

Analizamos o primeiro disco completo de Ith, unha banda que adopta o nome do fillo de Breogán e tras dez anos de dedicación musical presentan “Forte” para desfrute dos nosos lectores.

Atopámonos cun disco que navega entre varios xéneros, máis preto do hard rock dos oitenta que do pop, ainda que o garaxe e a psicodelia farán as súas aparicións ó longo de “Forte”.

Día Novo” presenta unha mistura de xéneros entre o pop e o rock (máis preto do rock alternativo) cunha melodía potente e unha letra moi optimista que nos fai pensar en grupos como U2 ou ColdPlay. Unha canción pegadiza que luce espléndida na voz de Lucía, que se presenta con moita forza na apertura do disco.

Hoxe por ti e mañá por ti é un expoñente do hard rock británico dos 80’s; lémbrame a algún éxitos de The Cult, simplemente que na voz de Lucía e en galego cobra un novo sentido.

En Non son eu volven a mesturar rock co son máis escuro do post-britpop, para volver en “Recordos que mancan” á onda hard rockeira nun tema progresivo e cheo de cambios de ritmo. Loitar por ser soa garaxeira aínda que a sua letra e desenrolo van por camiños máis íntimos e moito máis pesimista que a tónica xeral do disco. Vena nostálxica para o ecuador.

Continúan os aforismos para unha vida mellor no tema de rock alternativo “Terapia breve” que da paso a E logo…¿que? no que a banda afrouxa bastante e mostra que o seu forte son as cancións menos soteles e con mensaxe positiva, como “Deixa” no que a voz recupera o seu timbre desgarrado e ven servida cun guitarreo brutal. Máis mensaxes de autoaxuda en Django e en Está Ben, na que o grupo amosa o seu íntimo recuncho persoal de seguridade en outro tema rockeiro “old school”.

O disco despídese con Explicación e Ansiedade, onde queda claro que a base das letras son temas de superación persoal ante as adversidades e un pouco de despertar de conciencia para as masas. Unha temática que cadra moi ben co estilo musical, moi definido do grupo e aporta forza ás melodías dándolles certo peso emocional.

Como bonus track, a pista 13 chámase Ith, sáese da onda xeral deste traballo da banda. É curioso porque é o título que da nome ó grupo. Na canción cóntase a historia de Ith, fillo de Breogán, buscando a épica histórica. Cambian a un formato acústico e presentan o tema ó cru, sen adornos. Non é mal tema para despedir un disco, pero non van levantar o público con este sinxelo, especialmente con toda a “tralla de calidade” que o precede.

Un traballo moi destacable, totalmente autoproducido e cheo de cancións con boa pegada, letras interesantes e moitísima enerxía. Gustounos. Dádelle unha escoita aquí mesmo:

.

AÑADIR COMENTARIO