Danza, cámara lenta e natureza, sol e treboada. Novo videoclip de NAO

Danza, cámara lenta e natureza, sol e treboada. Novo videoclip de NAO

, 19 de abril de 2016

O medo ó cambio é un mal endémico na sociedade occidental que tanto nos afecta ós galegos coma os veciños de toda Europa. Pero o tempo non para e hai que vivir en constante movemento; a marea non baixa sempre cando nos convén.
Cando sabemos que un cambio é inevitable semella que nos queremos agarrar a ese sentimento que nos unía cunha realidade que moitas veces non é máis que un reflexo dun momento anterior e non existe máis que nas nosas mentes. Temos medo o que está por vir; o descoñecido.
En “O sol e a treboada” o director, J.S. Raimundi preséntanos a unha parella nun entorno natural saboreando os seus últimos intres antes da despedida; a elección da cámara lenta e os planos mixtos coas ondas do mar forman un marco perfecto para plasmar a volatilidade da vida e o temor da parella a perder aquelo que un día tivo pero que, aínda que non o quere recoñecer, xa pasou a mellores días e a formar parte das súas lembranzas.
Despois da despedida ficamos nun estado de amargura e melancolía. Unha soidade que por sorte vai durar moi pouco porque o universo sempre trae novos estímulos; esta vez a novidade chega cun cambio de cor (negro), de aspecto (moito más transgresor e ilusionante) e de sexo (os nenos cos nenos e as nenas coas nenas). Estas novas experiencias crean unha nova realidade que tamén nos axuda a entender que as vivencias pasadas teñen un valor real ó marxe do que a nosa mente quere reter no tempo.
Unha realización impecable que capta perfectamente o sentimento da letra e a forza da música de NAO, coa participación do grupo de danza Can cun Quinqué e a produtora ZIWA. O sinxelo preséntase como un adianto do novo disco “SOÑAR”, que se conserva esta pegada amosada en “O sol e a Treboada” será un dos imprescindibles de este 2016.
.

AÑADIR COMENTARIO