Videoclip perfecto para un día de chuvia (Poetarras)

Videoclip perfecto para un día de chuvia (Poetarras)

, 20 de abril de 2016

Non sei coma o fan pero e que xa me estou a mexar da risa no primeiro minuto do clip. Poetarras danlle un novo sentido a expresión “o mal tempo boa cara”.

Hoxe madruguei; ía ir pescar unhas troitas ó río Verdugo, levaba días buscando o intre adecuado. Merquei unhas cañas novas, rede, fío, un novo conxunto no decathlon… Deixei o carro preparado o día anterior e levaba unha semana co día marcado en vermello no calendario. Pero como non podía ser de outro xeito choveu (sí, ser galego e o que ten). Daríame igual se fose un pouco de poalla, pero era unha puta cicloxénese de mil pares de ghuevos. Xa estaba case na rúa, subido o coche e empezaron a chegarme as mensaxes dos amigos: “Mira tío, quedamos na casa, así non se pode, a ver se a semana que ven…” Así que nada, decidín volver á casa, a quentarme, coa miña muller, xa chegaría unha ocasión mellor. Quitei a roupa de pesca, metinme na cama (era ben cedo, sete da mañá) e díxenlle: “Non te imaxinas o mal que está o tempo aí fóra” e vai ela e me di: “Seino; ¿podes crer que o babeco do meu home marchou a pescar?”
Son as cousas da chuvia, que vai ó seu: Borraxeira, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Neboeiro, Zarrazina, Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo, Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina Treboada, Torboada, Torbón, Trebón Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba… E así ate cen formas distintas de nomear á choiva en todas as súas variedades… Cando os anxos choran chove na Galicia.
Unha oda á chuvia, o elemento máis característico das nosas terras, e o lugar da terra con máis denominacións para o fenómeno meteorolóxico que se encarga de estragarnos os plans de concertos cada fin de semana.
Agardamos pronto unha oda ó sol e que empece a cambiar axiña o tempo, xa que non todo o mundo o toma con tanto sentido do humor coma os Poetarras, e anda a xente enfurruñada que non vexas.
.

AÑADIR COMENTARIO