Rebeliom do Inframundo (Entrevista Pentavox)

Rebeliom do Inframundo (Entrevista Pentavox)

, 25 de abril de 2016

Hoxe temos connosco a un dos grupos máis potentes de Hip Hop en Galego. Rebeliom do Inframundo está a piques de mostrar o seu novo traballo tras os éxitos recollidos con as súas dúas primeiras gravacións. Achegáronse ó noso estudio a faceres unhas fotos, coñecernos en persoa e responder a unhas preguntas para o noso especial de Cultura Hip Hop en Galicia.

Falamos do seu orixe, en Ponteareas e tamén descubrimos de onde ven o nome da banda:

“Inframundo é o nome co que nos referiamos ó lugar onde parabamos todos os compañeiros en PonteAreas a facer o mal (risas). Nos somos a Rebeliom que tenta saír a flote nun ambiente hostil e cheo de merda en grande parte. De ahí ven Rebeliom do Inframundo.”

Moitas cousas; gravacións, concertos, eventos… Xa pasaron dez anos desde que se reúnen no Inframundo a argallara súa rebelión particular. Anos que traen consigo cambios, novos compoñentes, novas ideas que forman o actual grupo de Rap:

“No 2005 éramos bastantes os que integrabamos a Rebeliom do Inframundo mais sobre todo os que mais traballabamos, en certo modo, eramos DjRapu e mais Nervo. Co tempo engadiuse xente do calibre de Malvares de Moscoso, Movementss, Frank, Ichi é Alberto Lora.”

Falamos do novo disco (aínda en proceso de masterización cando se fixo esta entrevista) e os rapaces de Rebeliom semellan entusiasmados co material

“Pois o disco vai estar á venta o 23 de Abril e presentarémolo en directo o dia 30 do mesmo mes en “A Farandula” (Vigo). Lume e Rebeliom é un de eses discos nos que despois de facelo sentes que podes morrer tranquilo. Non queda nada no tinteiro, é un disco no que pódese atopar poesía, música tradicional, folk, rock, reaggae, electrónica e rap hardcore. Lume e Rebeliom é un berro de guerra tanto no ámbito social coma espiritual.”

En canto ó traballo musical, falamos tamén de influencias, estilos, gostos personais… Tratamos de atopar o selo personal da banda, o que tratan de transmitir en cada concerto, gravación, videoclip…

“Pois a definición en unha soa palabra sería corazón. Temos influencias de moitos tipos de música como anteriormente comentamos. Ó ser cinco persoas facendo cancións cada cal aporta o seu toque persoal. O que tratamos de transmitir non é nada máis e nada menos que sentimento, amor, carraxe, forza, tristura, ledicia. Somos un grupo que non deixa indiferente a ninguén.”

nervo-rebeliom-do-inframundo

NERVO, de Rebeliom do Inframundo

A música de Rebeliom do Inframundo está moi presente no mercado portugués e a acollida na casa sempre foi moi boa desde o comezo. Agora mesmo, son unha banda que xa se planifica de cara ó mercado internacional e tamén nos quixeron contar as súas experiencias cando actúan en escenarios máis alá das nosas fronteiras:

“A verdade e que sempre que saímos de Galicia para facer música, a acollida foi fantástica e como hai galegos e galegas por todo o mundo, sempre te atopas a alguén que canta as túas cancións, ¡iso é marabilloso!. Temos moitas ganas de facer concertos fora de Galicia con “Lume e Rebeliom”

Tamén tivemos tempo de debater sobre o traballo dos colectivos. Forman parte de tres de eles adicados ó Hip Hop: Verso Libre, Track Asedio e Lingua Nativa. Cóntannos das súas colaboracións con eles e a súas posibilidades á hora de apoiar e aconsellar nos proxectos musicais e outros ámbitos que rodean á industria:

“Formar parte de tres colectivos bríndanos un abanico de posibilidades e facilidades respecto á música realmente grande. Cada cal aporta algo importante na banda, dende equipo, ideas, pasando por infraestrutura. Poderíase dicir que Rebeliom do Inframundo é un colectivo de colectivos en certo modo.”

Todo para rematar falando do momento actual da escena galega e do Hip Hop, non podía ser de outra maneira, xa que nos vemos o bo momento de este movemento cultural na nosa terra e eles teñen a súa perspectiva desde dentro como parte vital de este xiro copernicano:

“Non sabemos se idade de ouro, o tempo o dirá, mais sí que hai moitas bandas de rap en Galicia respecto a cando comezamos nos. Moitas con boa calidade, outras tantas que inda están a comezar o seu camiño. Respecto ás bandas que rapeamos en galego, pouco a pouco está a haber cada vez máis xente que se anima a o facer, pero ahi si que sería unha tolemia dicir que é a época dourada do rap en galego xa que de dez bandas que rapean, como moitísimo podes atopar a unha que o fai en galego. Seguimos sendo minoría no que ó idioma se refire.”

Lembrámosvos que este sábado día 30, en “A Farándula” de Vigo, temos a ocasión de acudir a presentación do novo disco de Rebeliom do inframundo. Tendes os prezos, detalles , horarios e demáis no seu cartaz na axenda. Ademáis con eles actuará 2pas0s co seu traballo hypnosis, que a este paso vai camiño de convertirse no disco do ano en materia de electrónica en Galicia. Non se pode pedir máis para un espectáculo que está a esgotar a venda de entradas a un ritmo frenético.
Lumeee!!!!
.

AÑADIR COMENTARIO