
A Terbualdea. Un soño feito realidade.
Hai xa un par de anos que a idea da Terbualdea apareceu tras un concerto no festival Revenidas. O xa lendario grupo Terbutalina declarou ter en mente a recuperación dunha aldea abandonada para convertela en refuxio de artistas, baluarte do punk e ter un teito cando chova, que en Galicia é importante. No mes de maio deste ano por fin o asunto cobra visos de facerse realidade.
A noticia saltou ós medios grazas a GZMúsica e a entrevista a Terbutalina no 2014. Logo xa foi a máis e apareceu a próxima apertura de crowfunding para a compra dunha aldea abandonada na Costa Da Morte. Pero parece que o proxecto é outro e está máis avanzado do que pensabamos.
Non sabemos a localización exacta do lugar, pero fontes do grupo confirmaron a Pentavox que a compra da aldea é unha realidade. Sen ter que recorrer ó crowfunding, a banda xa ten unha casa con terreos para realizar a gran obra. Non será unha aldea completa, pero si unha casa de retiro punk, con todo tipo de programación ó longo do ano.
As instalacións contan cunha casa con dormitorios, cociña común, salón comunitario, baños e sauna. No salón común faranse cursos, convivencias, obradoiros, etc… Conta con domo exterior para meditación e uso de sustancias ó límite da legalidade. Ademais de 2.000 metros cadrados de finca.
Porque a idea central da Terbualdea é expresada polo seu cantante Migui. “Tras tantos anos de carreira musical botamos a vista atrás e vemos a gran evolución de son e o salto de calidade da banda. Non somos os mesmos que comenzamos, evolucionamos, e temos unha gran riqueza experimental que podemos transmitir ás seguintes xeracións do punk galego. Non queremos que cometan os mesmos erros ca nós”. Así que a Terbualdea será un proxecto solidario, un refuxio para o PUNK onde os membros de Terbutalina farán as convivencias, obradoiros de guitarra, baixo, batería, berros punk, Carga e descarga de furgoneta, O técnico de son é humano, Ollo ós cables, etc…Ademais do moi solicitado obradoiro de pintadas anarquistas, o curso online de historia do punk e o de historia comparativa de punk, metal e heavy para fans da verbena galega.
Os fondos para a compra e a reforma da casa, que está a piques de rematar, veñen ó 50% dunha subvención da Xunta de Galicia a cargo do orzamento de Cultura, da Diputación de Ourense, que xa solicitou unha habitación 505 dispoñible todo o ano, e un doante anónimo chamado Conde-Roa…(nada que ver co ex alcalde…).
Esperamos ser invitados ó acto de inauguración que contará coa presencia da súper estrela Cañita Brava. Aquí vos deixamos unhas fotos roubadas do emprazamento e instalacións.
3 Comentariospor ahora:
AÑADIR COMENTARIO
Eso sí que es vida!! Y no pone donde es para que no molestemos ¿no?
Igual se falas con eles… Se enrollan 😉
Penso que debe ser en Panamá…hai non…eso son outros…