O novo videoclip de Rebeliom do inframundo non pode ser máis enxebre

O novo videoclip de Rebeliom do inframundo non pode ser máis enxebre

, 6 de mayo de 2016

A mistura definitiva entre tradición rural galega e os novos aires de hip hop dos que a formación galega son un claro expoñente. Fermoso vídeo o que acompaña.

Da produtora Néboa Films, dirixido por Alberto Lora, nos chega o novo videoclip de Rebeliom do Inframundo. Unha produción de altura para acompañar ó novo sinxelo do disco “Lume e Rebeliom” que aínda está ben quente tras o seu recente estreo.

Para saber quen somos en este mundo hai que saber primeiro de onde vimos. Coñecer o legado familiar e a historia da nosa terra son claves para nos realizar como persoas. A vida da cidade e os Mass Media enchen a nosa mente de contidos prefabricados; fannos sentir coma formigas de uniforme, todos pensando igual, sen identidade propia, perdidos nunha tormenta de sentimentos. Unha vida sen ritmo, con todo o noso tempo ocupado nas nosas “obrigas” e unha mente tan contaminada que nos rouba a capacidade de desfrutar do tempo de lecer.

Ás veces unha chamada á casa pode ser o que necesitamos para recuperar a esencia que nos rescate da monotonía na que nos vemos inmersos sen comelo nin bebelo. Recuperar a esencia de cando eramos uns nenos, rescatar as ensinanzas e vivencias que nos regalaron os nosos pais e avós e darlle ó noso pasado; o noso legado o lugar que merece nas nosas vidas. ¿Deixácheste o sacho? Non hai problema, xa que Rebeliom do Inframundo nolo traen e ademais se fai falla tamén poñen o carro, os bois, arados de ferro e ate a man de obra se lles caedes ben ;P

No tema que nos ocupa “Bang Bang” temos unha mistura de elementos nunca vista. Música tradicional galega, un mix de versión do tema orixinal acelerado de Nancy Sinatra (Bang Bang My baby Shot me down) e o rap social cheo de raiba propio de Rebeliom do Inframundo.

O resultado e cando menos orixinal, resultando un marco perfecto para o novo single, onde os artistas de Ponteareas nos fan un repaso a toda a merda salientable que nos ven acompañando desde sempre e forma parte do anaco máis triste da sociedade que nos tocou vivir. Menos mal que nos queda a familia!!
.

2 Comentariospor ahora:

  1. anuska dice:

    me encanto la cancion y el video, muy guapo.

  2. Puedes verlos esta noche junto a NAO en la master, en Vigo. El disco está increíbel!!

AÑADIR COMENTARIO