
Festival Primavera do Cine en Vigo
Quinta edición. Presentada hai nada. Será do 19 ó 29 de maio en Vigo, con tres categorías: As longas, as curtas e os videoclips. Unha auténtica festa do cine galego e portugués.
Cada sección oficial xa ten a lista de candidatos que podedes ver na web do festival AQUÍ. Na categoría de películas longas temos que destacar Frankenstein 04155, o documental do accidente do tren de Angrois que tanta polémica está creando. Na de curtas hai de todo, coma sempre un bo número de creadores galegos en lusófonos.
Pero a categoría que máis nos gusta é a de videoclips. Nesta sección tedes un feixe dos mellores vídeos de grupos galegos. BALA destacan cos seus dous videoclips, FREEDOM IS, de Andrei Dumitriu e HUMAN FLESH, de Javi Camino. BASURA VIRTUAL, de Mario Iglesias para Colectivo Subura. BEHIND DE CURTAIN, de Andreia Táboas e Ana Belén Diz para Onion Smile. CANTIGA DE FETO, de Alfredo Pardo para Liviao de Marrao. CAPACHO ROCK, de Os Vacalouras & Anxos Fazáns para Os Vacalouras. CHANGE THAT TUNE, de Lucía Estévez. EL GUATEQUE DE LOS MUERTOS, de Samanta Pérez López para Cromática Pistona. WITH MY HANDS, de Violeta Mosquera para Furious Monkey House. MAGMA Y TRUENO, de Hute Dich para Guerrera. LUME, de Alberto Lora para Rebeliom do Inframundo. VHS DO FUTURO, de Musica Prepost para Malandrómeda. MAR DE FONDO, de Lara Capeáns para Mar de fondo. NUNCA FUE, de Lara Capeáns para Silvia Penide. RIO-ME PORQUE ÉS DA ALDEIA E VIESTE DE BURRO AO BAILE, de Sandra Araújo para Stealing Orchestra & Rafael Dionísio. SUDAR SANGRE, de Gero Costas para Terbutalina. TODO VA A IR BIEN, de Lara Capeáns para Diariodeverano. UM LIVRO ESTRANHO, de Sergio Clavero para Xiao Berlai.
Como vedes a maioría xa pasaron por Pentavox no noso esforzo de promoción da cultura galega. Xa podedes velos nos enlaces e pasar a tarde con música feita en Galicia ou Portugal.
AÑADIR COMENTARIO