As cen miradas de Sonia Lebedynski

As cen miradas de Sonia Lebedynski

, 12 de mayo de 2016

Un fermoso traballo audiovisual para un debut en solitario que vai chegar ós corazóns de moitos dos nosos lectores: Cen Miradas.

Despois de participares en incontables grupos, proxectos, formacións, discos… A de Boiro comeza a sua andadura como solista no seu propio traballo con un disco que arrecende a aires da terra. Coñecido polos seus traballos con Son Delas, Fia na Roca, Susana Seivane, Vai-te embora!… entre outros e tras presentar en sociedade na súa vila o disco “Deserto de Centos” con grande éxito de público e crítica, agora nos regala o seu primeiro videoclip “Cen miradas”.

Un single con toques de Bossa Nova e tinguiduras de música tradicional galega no que a artista galega mostra o seu amor en cada xesto da vida. Unha oda a beleza natural das cousas e unha mensaxe por riba de todo: O verdadeiro amor non se mostra con palabras senón con xestos, detalles e miradas.

Un video colorista, cheo de luz que nos mostra unha nova perspectiva dos elementos que nos rodean, unha forma perfecta de plasmar a beleza do mais sinxelo, o valor do tempo e a importancia da interacción consciente co noso entorno e a xente que forma parte das nosas vidas. Sonia móstrase unha coa natureza, xogueta, feliz, risoña e en perfecta harmonía. Un video que flúe coa música, a cargo de Pablo Chouza e Marga Sampedro que consegue transmitir e reforzar a mensaxe de “Cen Miradas”.
.

Podedes desfrutar do traballo de Sonia no seu concerto no Teatro Principal de Santiago este día 26 de maio ás 21:00 e de balde.

AÑADIR COMENTARIO