Chola & Lola, unha ITGirl rural (Webserie)

Chola & Lola, unha ITGirl rural (Webserie)

, 13 de mayo de 2016

Agroconsellos de beleza sen parangón na webserie que mestura a Galicia rural co concepto de ITGirl da maneira máis tola e orixinal.

Podedes dicir o que queirades sobre a produción, a montaxe, o ¿argumento? Poderá gustar ou non pero hai que recoñecer que é unha xenialidade no seu concepto si ou si. Chola teno todo; glamour, beleza, o seu coche tuneado, unha granxa de pitas, taller mecánico, boas terras para o cultivo, e o mais importante: a perfecta combinación entre sabedoría popular e o uso das novas tecnoloxías.
Despois de ver completa a primeira temporada de Chola & Lola estou enganchado ós seus consellos de beleza e ate poderíaos empezar a poñer en práctica á mínima oportunidade que teña de pasar uns días afastado da grande cidade. Para os mais preguiceiros fixen unha recompilación dos seus trucos para estar guapa. A verdade é que non teñen posible desperdicio:
-Para ter un cutis Tersiño non hai coma a auga do Miño: Iso ten que vir acompañado de baixar o cubo ata o miño dende a ponte da fronteira para completar o adestramento.
-Se queres comer san, cólleo coa túa propia man: Ida de olla total no que Chola se vai de pesca sen caña (non quero desvelar mais; sería unha mágoa)
-Para ter as pernas das actrices non hai como extracto de baghazo para as varices: O bagazo é o resto do xugo da uva que queda tras esmagala na vendímea, deporte e natureza.
-Mellor que un tallo de teka é un feixe de herba seca. Unha maneira inmellorable de encher un Puff do mais chic.
-Cando a ortiga se humedece, a caspa desaparece: Nin H&S nin hostias, C&L o mellor para o coiro cabeludo.
-Para un pelo mollado, non hai como aire de cabalo: Non sempre temos o secador a man, pero un cabalo que nos leve secará o noso cabelo sen o alborotar. Perfecto para grandes eventos.

.

Todos estes consellos cheos de Glamour forman a sabedoría que Chola lle transmite a Lola; que durante a duración íntegra da serie eu pensaba que sería a cámara que roda a serie e unha amiga persoal. Pero no último capítulo desvélase o misterio; que non pode ser mais tolo e divertido. Non vos digo mais.
Unha xenialidade de baixo presuposto, chea de creatividade, humor e bo facer. Lola é marabillosa aínda que non estea de todo ben da cabeza e redefina o concepto de ITGirl de ese xeito tan particular.

Tendes toda a primeira tempada dispoñible neste mesmo enlace; e para que non vos vaiades de balde aquí vos deixamos o capítulo 1 para que vaiades abrindo boca (nunca mellor dito).

.

Un Comentariospor ahora:

  1. Chola dice:

    Marco é un pracer ler este artículo!! gracias e boas festas

AÑADIR COMENTARIO