NAO invítannos ó xantar coma irmáns no seu novo traballo (CLIP)

NAO invítannos ó xantar coma irmáns no seu novo traballo (CLIP)

, 17 de mayo de 2016

Non podemos elixir ás nosas familias pero si ás nosas amizades. Qué fermoso cando as dúas cousas rematan sendo o mesmo! .- NAO

Hoxe queriamos comezar o día cun tema en galego que puidese gostar a todo tipo de público, tanto ós amantes do pop coma o rock, o folk e tódolos posibles estilos. Unha canción que nos lembre ós bos momentos na casa, os amigos, os pais, o cadelo, a “ghata” e demais seres queridos que ocupan un lugar especial nas nosas vidas.
Nao ofrécennos un videoclip cheo da naturalidade dunha comida familiar calquera de domingo. Un curto de sobremesa no que o centro da historia lévao ese momento despois de comer (non me refiro a cando hai que ir ó baño despois de se fartar a churrasco) no que sacamos o mellor que temos e os efectos do viño sóltanos a lingua para empezar a rir coas anécdotas dos que levaban mais tempo sen visitar o fogar. Un brindes por aquí, un “proba isto” por alá e cando te decatas estás a morrer da risa entre apertas. Se alguén saca unha guitarra ou mesmo un acordeón xa temos clímax, aínda que sempre haberá quen vos diga o clásico: “Xa chove bastante por aquí, se seguides así terei que ir a polo paraugas”.
Un tema con ritmo rockeiro pero contido no acústico e ben acompañado de algúns instrumentos “exóticos” coma o propio acordeón que lle dan un carácter celta e íntimo. Moi destacable a ponte instrumental que une co solo antes do estríbello.
O curto a nivel técnico é mellorable pero a sensación de realidade vendo o traballo para este “Coma irmáns” de Nao, a naturalidade captada e o bo ritmo da montaxe fala do bo traballo do equipo de Ziwa na realización do videoclip. Un conxunto que serve coma homenaxe a todas esas familias de diferentes pais que facemos polo camiño da vida. Saúde a vos tamén.
.

Por certo, que alguén lle regale unha tablet a este home, que se está a quedar sen folios e o carteiro pasa soamente os martes.

AÑADIR COMENTARIO