Novo Cómic de Miguelanxo Prado ambientado na Coruña

Novo Cómic de Miguelanxo Prado ambientado na Coruña

, 17 de mayo de 2016

Un novo álbum de Miguelanxo Prado sempre é agardado. Unha porque sempre se fai de rogar e se espaza no tempo. Outra porque sabemos que a calidade sempre está asegurada.
En presas fáciles Miguelanxo Prado Deixa afastados os mundos preto do realismo máxico que tanto lle gosta para se meter de cheo nun thriller policial que transcorre por ese realismo tan achegado a nos e que nada ten de máxico, que é o da corrupción da sociedade, cunha trama relativa ás preferentes como escusa argumental.
Nun falso branco e negro, moi acorde coa historia contada, o autor desvélanos as investigacións da inspectora Tabares con fin de aclarar unha serie de asasinatos que transcorren nunha recoñecible cidade de A Coruña.
Un álbum que como xa dixen transcorre polos estándares do thriller policial pero que de fondo nos deixa unha crítica a esa estafa legal que foron as preferentes e máis alá, unha denuncia da indefensión na que viven os nosos maiores, esquecidos y afastados dunha sociedade que xa non ten tempo para eles.
Un traballo que cobre con creces as expectativas creadas o redor del e que sen dúbida satisfará ós fans máis esixentes do autor galego. Agardamos e desexamos que este non sexa o último caso da inspectora Tabares que poidamos contemplar.

.
O próximo día 20, venres, Miguelanxo Prado estará asinando exemplares de Presas Fáciles en BD

BANDA DESEÑADA

  • R/ Portela nº 3 Bajo
  • Vigo, 36.205
  • Tlf. 986 129571
  • banda@mundo-r.com

AÑADIR COMENTARIO