Zurrumalla, que ven o “Titanis”…

Zurrumalla, que ven o “Titanis”…

, 17 de mayo de 2016

Así é o novo vídeo dos vigueses Zurrumalla. Unha Rumba do Titanis, adianto do seu segundo disco Camiño por ti que está no catálogo de Inquedanzas Sonoras.

O grupo Zurrumalla, en activo dende o ano 2000, ven de facer unha recompilación e interpretación de 17 pezas da cultura popular galega. O uso de instrumentos como a gaita, pandeireta, zanfona así coma instrumentos de vento e acordeón dan ese carácter tan tradicional ó seu traballo.

O vídeo é unha mostra de facer clásico. Qué pode ser máis enxebre que o grupo en Coruxo tocando no porto ou metidos nunha barca e cantando dentro? O sol e os traxes tradicionais aportan o contexto alegre que a canción precisa, un canto a Galicia (…hei!…) e á tradición da cultura do gaiteiro e a festa.

O vídeo realizado por Alicia Francés Figueiroa e con música gravada por Isaac Millán (Estudos A Lagharteira e Ancestral). Os deixamos o vídeo para que o desfrutedes nestas datas tan sinaladas… de exaltación das Letras Galegas.

AÑADIR COMENTARIO