As traducións mais arrepiantes dos títulos de películas en galego

As traducións mais arrepiantes dos títulos de películas en galego

, 18 de mayo de 2016

Desta volta vos traemos unha selección de títulos de película que pouco ou nada teñen que ver cos orixinais. A TVG ás veces ponse creativa cando non lle cadran as traducións directas e saen cousas coma estas:

The new Guy

the new guy

The New Guy – Os feos tamén mollan

Os feos tamén mollan… e senón que llo digan a Woody Allen. O título de esta película debería ser “O rapaz novo” ou “Un novo friqui no instituto” se queres destripar aínda mais o argumento. O impulso comercial e o tirón que ten un título como “Os feos tamén mollan” é indiscutible e imos propoñer algún ainda máis comercial: “Canto máis feo, máis fodes”, “Modelos en bikini ligando con crackens”, “Ti tamén poderías botar un polvo nun instituto americano” ou directamente “Tetas no instituto”.

Running Scared

Apunta_dispara_y_corre-547737706-large

Running Scared – Apunta, dispara e corre

Apunta, dispara e corre: Traducido do castelán. Nada que ver co título orixinal, algo así como “Correndo asustado”, según Google Translator. Non era tan difícil, pero parece que hai moito creador frustrado poñendo títulos de películas. En serio, ¿hai un comité para nomear as películas cando chegan ou é xente pagada para facelo? A nosa proposta para respetar o título e o facer mais divertido: “A lume de carozo cagados de medo”.

Inspector Clouseau

o rei do perigo

Inspector Clouseau – O rei do perigo

O rei do perigo: Unha película feita no 68 sobre o Inspector Clouseau pero sen Peter Sellers. Cousas de estudios. O caso é que en castelán o título foi “Inspector Clouseau: EL Rey del Peligro”, para diferenciala das películas de Peter Sellers e Blake Edwards. O da galega traduciu do castelán e listo.

Saving Silverman

saving silverman

Saving Silverman- 3 pailáns e unha bruxa

Tres pailáns e unha bruxa: Nesta película o argumento trata de dous amigos que queren salvar a Silverman de casar cunha rapaza que non lle convén (de ahí o da bruxa). Pasando por riba do título orixinal (debería ser “salvando a Silverman”) atopámonos con un título tan descriptivo como “Tres pailáns e unha bruxa”. Non ten moito sentido (únicamente o da bruxa). Xa postos a destrozar o título e destripar o argumento que tal algo así: “Non cases coa Lagarta que te vai foder a vida”.

Tomcats

tomcats

Tomcats – Troula de solteiros

Troula de solteiro. Este é claramente un modo de saír do paso. Non atoparon sentido a palabra Tomcats en relación coa película e colleron o primeiro que se lles veu a cabeza. Troula de solteiros e a tomar polo cu. Outras opcións poderían ser “Liga como poidas”, “Solteiros en Las Vegas”, “Unha noite moi tola”… A nosa recomendación para o título sería: “Gatiños e lobas”

Just Visiting

just visiting

Just Visiting – Dous perdidos en Chicago

Dous perdidos en Chicago: Se non ves o póster nin idea de que carallo é isto. Era moito pedir que lle puxeran de título “De visita” e mantivesen a relación coas películas orixinais francesas (Os visitantes). Dous perdidos en Chicago foi a elección da TVG para este remake; un título que ben se podería referir a algunha secuela de “So na casa”.

Death Wish 2

death wish 2

Death Wish 2 – Eu son a xustiza

Eu son a xustiza: Segunda da triloxía de Charles Bronson de Paul Kersey. Unha historia de vinganza a tiros. O título outra argallada do castelán, que ademáis nesta serie de películas se lía de forma incríble. A cousa vai así: Death Wish é “El Justiciero de la ciudad” – Death Wish 2 é “Yo soy la justicia” – Death Wish 3 é “El justiciero de la noche” – Death Wish 4 é “Yo soy la justicia 2″…WTF?…e Death Wish 5 é “The face of Death”….Así non hai quen se aclare….gracias…

She wore a yellow ribbon

she wore a yellow

She wore a yellow ribbon – A lexión invencible

A lexión invencible: Eu vexo o título e penso en barcos e Felipe II… agarda! non, esa era a armada? . A mítica de John Ford para botar a siesta os sábados non ten nada que ver nin coa lexión ni con ser invencible. Cousas da época, do ano 49…deberon pensar que a xente non entendería un título como “Ela levaba unha cinta amarela” para unha película do oeste de tiros… Quítanlle todo o sentido de exalzar á muller guerreira para o tranformar nunha peli do Oeste xenérica de tantas.

One day in Europe

One_Day_in_Europe_film

One day in Europe – Galatasaray Dépor

Galatasaray-Dépor: Esta está guai porque directamente o partido que pon nome á cinta sae coma dez segundos na película. Simplemente as historias que se contan aquí (Moscú, Santiago, Estambul e Berlín) acontecen o día do partido. Unha historia en varios puntos ó mais puro estilo “Night on Earth” (que sí chegou ben traducida) pero limitada a Europa. En este caso da TVG non nos sorprende, hai que atrapar a tódolos deportivistas a ver se pican e miran a película; todo o demais pasa a ser accesorio. A nosa recomendación para un título neste caso sería “Un día en Europa” ou se queredes meter un pouco de spoiler “Un mal día en Europa”. Se realmente apostamos por atrapar ó público futboleiro deberiamos usar algo como “O Dépor gana a champions league”, “Unha noite en riazor” ou “Os tempos no que o Deportivo xogaba en Europa”

How to Loose friends & Alienate People

nova york para principiantes

How to loose friends – Nova York para principiantes

Nova York para principiantes: Non me digades que este título non é a obra dun preguiceiro. Alguén leu o título orixinal e pensou “Que preguiza escribir todo iso; Nova York para principiantes e a mamala.” pero á gracia do orixinal era precisamente esa, un título longo estilo periodístico magazine para contar a historia dun xornalista que se muda á gran mazá e da nos morros co seu estilo de vida. Neste caso concreto entendemos o recorte pero recomendariamos algo como “Como cagala en Nova York” ou “Como perder ós teus amigos”.

The craft

the craft

The craft – Noviñas e bruxas

Noviñas e bruxas: Outro título que trata de informar por exceso. Orixinalmente “The Craft” poderíase traducir como “O oficio” e deixar o misterio para o argumento. Pero non hai nada coma os títulos xenéricos. Noviñas e bruxas é unha adaptación da mala tradución da versión en castelán. Non sería estraño atoparnos con títulos como “4 bruxas no instituto”, “A túa moza é unha bruxa” ou “Embruxa como poidas” (se fose comedia sería esta última sen dúbida)

The brink’s job

The_Brink's_Job

The brink’s job – O meirande roubo de século

O meirande roubo do século: Aquí directamente esnaquizan o sentido. Na película todo xira en torno a un golpe que van dar para roubar a compañía Brink; de aí o título “The Brink´s Job” (O traballo do Brink). O roubo debe de ser a hostia porque directamente o cualifican co título “O meirande roubo do século”. Cando saquen a secuela (que a hai) a ver que lle poñen ¿O meirande roubo do século 2? ¿Un roubo aínda meirande? A nosa recomendación para esta película sería: O golpe ao Brink ou directamente manter o orixinal “The Brink´’s Job” que mola.

The Prowler

The_Prowler

The Prowler – O asasino de Rosemary

O asasino de Rosemary: Este tremendo spoiler non me deixa dúbida algunha; en canto saia Rosemary xa sei o que vai pasar. Un título tan intrigante como “O merodeador” que sería a traducción máis semellante o orixinal non ten cabida aquí. Faltoulles pouco para poñer “Rosemary morre no minuto 35 e o asasino é o seu amante” con eso completaban o spoiler. Outra opción de cara a facer mais comercial o título sería “Soldado acoitelador” ou “”Sangue, pantasmas e soldados no instituto” (este último lanzaría moito a audiencia).

E despedimos o artículo con algúns títulos que pese a non desviarse tanto do orixinal si que son dignos de ter cabida e que botedes unhas risas polo enxebres e simpáticos que son:

007: nunca digas endexamais, Anaquiños picantes (Picking up the Pieces), A Andrómena (Le boulet), O ano da carracha, Austin power: A espía que me achouchou, Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? (Red riding hood), Con saias e a rachar, Daniel o fedello, Foise co vento, O gran raparigo vai ás mozas (Angus), Os heroes tamén choran (The proud and profane), Ladroaxe dourada (Tony Rome), Marcado a ferro (Branded), Ouveos (The Breed), A pequena pillabana (Curly Sue), Pistoleiros no inferno (Bad Company), Scream, vixía quen chama, Snatch: cochos e diamantes, Ti asasina que nosoutras limpámo-lo sangue (Curdled)…

2 Comentariospor ahora:

  1. Jon Guidetti dice:

    Mo se puede ser mas friqui!!

  2. Melo Diaz dice:

    O mellor que lin no que va de ano

AÑADIR COMENTARIO