Behind Invasive Sessions: #009 Fredi R. Garcia aka Croma

Behind Invasive Sessions: #009 Fredi R. Garcia aka Croma

, 19 de mayo de 2016

Nova semana e aquí dando o coñazo outra vez, jajaja, pero coñazo do bo, xa que nesta entrega temos sorpresa das boas. A familia medra, súmase ó Roster de artistas todo un fenómeno ¿Quérelo coñecer? Imos Aló
Gañador da entrega dos terceiros Premios Martín Códax da Música o pasado mes na gala que tivo lugar en Pontevedra únese ó equipo de Ivasive Sessions para facer meirande en calidade a oferta musical que xa temos. Artista multitask que axiña poderedes desfrutar nas festas se nos tivestes a sorte de o ver en directo nas cabinas galegas. Hoxe coñeceremos á persoa detrás do artista chamado Croma. Acomódate, enjoy the Tracks, read, share, have fun, comezamos:
 .
IS – Croma –> ¿Por que ese nome? ¿Como xurde, cal é o concepto?
 .
FG – O croma é unha técnica audiovisual que consiste en extraer unha cor da imaxe, normalmente o verde, substituíndo a área que ocupaba esa cor por outra imaxe ou vídeo con un ordenador. Trasladado á música evoca o clásico corta e pega dos samples ou a técnica e o traballo artesanal na etapa de postprodución. Gustoume o concepto, sooume ben e empecei a “firmar” así os meus temas.
.
IS – Croma é dj, pero non remata aí. Cóntanos a tua historia e os seus inicios.
FG – Croma é dj, produtor, compositor, técnico de son, técnico en produción audiovisual, un todoterreo no campo musical. Encántame a música pero tamén o mundo do son e a tecnoloxía. Con vinte anos estudei produción de audiovisuais, radio, televisión e espectáculos e máis tarde traballei como técnico de son. Coñezo  ben ambos mundos. Ocupo boa parte do meu tempo traballando en Rapapoulo Estudio con Mou (DKTC), onde gravamos discos e producimos a bandas de moitos estilos. Tamén fixen algunha composición para documentais, música para audiovisuais de Gibbon, audiovisuais de Slackline … A miña auténtica paixón é trastear con un sinte creando sons que se converterán nun tema que non existía previamente. Eses momentos trasteando, poñer un tema por primeira vez ante o público, son momentos moi emocionantes e satisfactorios para min.
.

IS – ¿Como foron os teus inicios na música e como chegastes a este mundo electrónico?

FG – Os meus inicios na música remóntanse a 1997, cando rapeaba co grupo 5 Talegos aínda que pronto me puxen a producir. Por aquela época os ordenadores non eran nin de lonxe o potentes que son agora, así que cacharreaba con samplers e secuenciadores hardware. O meu primeiro sampler, un Akai S2000, merqueino con dezasete anos e tiven  que ir á Coruña a buscalo no bus de liña. Pasaba as tardes na tenda de discos do irmán de Mou sampleando vellos vinilos. Conectaba o sampler a un pequeno secuenciador Yamaha Qy100 para armar as mostras e era moi laborioso pero efectivo. Naquela época facía só bases de hip-hop para diferentes bandas (Garcia mc, Dktc, GNZ, Actos Urbanos…) A miña primeira referencia electro foi no ano 2009 con “Quantum Explosion”.  Máis tarde chegaría Decepticons, que tiraba máis polo electro rock. En varias ocasións estivemos no top 10 de Beatport. Dende os meus inicios ata agora  a revolución tecnolóxica musical facilitou moito as cousas á hora de producir. Hoxe en día para facer boa música electrónica só precisas un ordenador, uns bos monitores e unha tarxeta de son decente. Ademais podes atopar toda a información ó respecto en youtube. Antes só tiñas acceso a ela a través de revistas especializadas.

.

IS – Acaban de te presentar como novo membro do colectivo Invassive Sessions, ¿como vos coñecestes? ¿como acabas formando parte de esta familia sooramente diferente?

FG – Entaboamos relación na Bass Galiza 2 porque me convidaron a pinchar. Despois pinchei en algunha ocasión máis en eventos que organizaron. Tamén compartimos escenario no Festival Brincadeira o ano que se fixo en Compostela. O feito de estar en Invassive foi un proceso natural xa que Invassive é un oasis para a Bass Music en Galiza. Reúne música de todo tipo e bo ambiente nunha festa única na nosa comunidade. Teño ganas de estrearme como membro e presentar dous ou tres temas novos que aínda non saíron.

.

IS – Sacaches varios traballos, singles i Ep´s á venta, xa son anos na produción lanzando cousas moi interesantes ó mercado en diferentes selos, agora acabas de lanzar “Deriol” por teu propio selo Casa de La Guasa, ¿a que se debe este cambio de rumbo?

FG – Non teño moito tempo para enviar demos,  mails e esas cousas. Se podo controlar eu todo o proceso de principio a fin… ¿por que non facelo? Hoxe en día calquera pode vender a súa música mediante plataformas como RouteNote ou Bandcamp. Aínda así seguirei traballando con outros selos.

.

IS – Eres Premio Martin Codax 2016 na categoría de Electrónica, que pasará a partires de agora grazas a elo?

FG – O feito de que os socios de Músicos ao Vivo, compañeiros de profesión, valoren de forma positiva o meu traballo e a miña traxectoria é motivo de orgullo. Por outra banda, estou disposto para o que chegue, igual ca sempre, traballando coa mesma ilusión por facer ben as cousas, ó meu aire e á miña maneira. Sen embargo, non podemos  esquecer  que en Galicia apenas hai unha escea de música electrónica consolidada. Espero que as cousas cambien mais polo de agora existe un problema cultural ó respecto. Falta público, falta apostar polos talentos locais e romper as barreiras e tabús que existen dentro e fóra da música electrónica.

.

De seguido deixámosvos coas suas redes para que poidades saber mais sobre este gañador e artista que dará moito que falar na escena electrónica galega próximamente.


http://www.cromamusic.com

https://www.facebook.com/cromabeats

https://soundcloud.com/cromabeats

https://www.mixcloud.com/cromadj

https://twitter.com/cromabeats

AÑADIR COMENTARIO