As Irmandades da Fala volven cen anos despois con Videoclip

As Irmandades da Fala volven cen anos despois con Videoclip

, 26 de mayo de 2016

¿Que pasa se xuntas a Illa Bufarda cos Poetarras nun curto no que a nosa lingua se mostra quente, viva e moi divertida? iFala

Estamos no ano das Irmandades da Fala. 100 anos hai que Villar Ponte iniciaba o proxecto de creación da Liga de Amigos do Idioma Galego e estes días celébrase o centenario daquela reunión da primeira Irmandade nos salóns da Academia Galega.

Illa Bufarda nos trae este fermoso vídeo no que os Poetarras nos ensinan a forma de vivir de xeito moderno pero sen perder as nosas raíces. Nos poderemos ser hipsters, friquis, metaleiros, conspiranoicos, naturistas, onanistas… pero ante todo sómosche galegos e inda que sexa a nosa maneira non está mal que lle deamos uso á nosa lingua.

Un curto cheo de pequenos gags, concibido en acústico co Ukelele como instrumento principal e con presencia de acordeón e banjo. Un acabado retro e cameos sorpresa de artistas como Ses, Leo Arremecághona, David Amor ou mesmo de Vacas que presenta a nosa fala dun xeito moi intelixente e cargado de humor. Se a Apple lle funciona por que non nos ía servir a nos?

iFala from Illa Bufarda on Vimeo.

AÑADIR COMENTARIO