Rebaixas. Non repitas o mesmo de sempre; hai moda galega para todos.

Rebaixas. Non repitas o mesmo de sempre; hai moda galega para todos.

, 30 de mayo de 2016

Xa estamos a piques de entrar en pleno verán; comeza a conta atrás para a loita definitiva polos saldos. A agudeza visual e o estado de forma serán as túas mellores armas para conseguir as maiores gangas.

Unha vez mais chegan as rebaixas a Galicia. Non é que nos os galegos sexamos dos máis apaixonados nesta loita sen cuartel. Máis ben estamos nese sector de poboación que agarda ás segundas rebaixas, ou mesmo ás terceiras (malo será que non atopemos algo) nas grandes superficies. Pero hoxe imos falar das nosas marcas favoritos e as súas propostas para esta época de saldos sen perder un ápice de exclusividade e calidade e aforrar uns poucos cartos invertendo en moda autóctona. Como ten que ser.

¿Cansado de ir sempre ós mesmos puntos e atoparte con xente que viste o mesmo que ti? Pois deberiamos empezar a pasar de ir ós Zara, H&M, Mango e demais, que xa non sorprenden a ninguén e empezar a percorrer tendas interesantes:

Non imos facer un listado nin explicar como funciona cada tenda; simplemente querémosvos invitar a saír do voso círculo de confort e que exploredes novas posibilidades, deixando de lado as grandes superficies que traen o mesmo para todo o mundo e tampouco hai tanta diferencia de prezo tendo en conta a boa calidade das nosas prendas.

Contamos con marcas variadas para todos os gustos: Por exemplo; na onda urbana temos a Rei Zentolo ou Vazva, que dispoñen de tendas físicas por toda Galicia e tenda online. Na liña de camisetas simpáticas e enxebres atopámonos con marcas coma Chambras ou Lobisome, que tamén venden online. Ou con estilo propio como Buenachica ou Gabandello.

Temos tendas orientadas ó comercio xusto e ecolóxico como Vaidhe, en Vigo, con marcas como Xiro, Bendito Company… e acaban de inaugurar tenda online.

En Ourense: O Roupeiro do Tatán; La Böcöque, en Cangas. Adanegra de A Guarda, con tenda online enfocada a prendas unicamente galegas. Mandacarú coa suas camisetas de algodón ecolóxico.

En moda infantil non nos vence ningúen con marcas como Nanos, Kauli, Nua moda, Pili Carrera, Atalinda, Sanmar, Racataplan… Creacións orixinais como Muñeca de Trapo (Lugo), Abarca Shoes.

Para a alta costura e as creacións elegantes temos berce en Ourense con firmas importantes como Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Purificación García, Bimba&Lola, CH de Carolina Herrera, e novas propostos como Ara de Rey, Lechanelas, Nubbe Clothes

Non poden faltar mesturas de tradición con modernidade como en Decotío ou Racataplan, ou clásicos de pret a porter, como Vainilla y Chocolate.

E motísimas outras firmas e tendas que entrarán en rebaixas en xuño e nos darían un listado descomunal. Se non ten soan moitas de elas é que tes que empezar a buscar. Podes atopar moitas cosas exclusivas, ben feitas, en moitas casos ben de prezo e agora que veñen as rebaixas é o mellor momento para investigar. Porque mellor que comprar gangas é descubrilas; atopar cousas novas que estimulen o teu look e promovan o comercio galego. Un dos mais ricos e variados do mundo.

2 Comentariospor ahora:

  1. rebeca rebeca dice:

    Arriba la moda gallega.Mola lo diferente.

AÑADIR COMENTARIO