Ministro do PP comendo fetos humanos no clip de Liviao de Marrao

Ministro do PP comendo fetos humanos no clip de Liviao de Marrao

, 31 de mayo de 2016

Liviao de Marrao acostuma a lanzar clips e cancións en ton gracioso. Desta volta lánzanse a unha Opera Rock política onde sae un ministro do PP comendo fetos humanos.Unha das consignas de Pentavox é non falar de política; nunca. Pero algúns grupos semella que no lo queren poñer difícil. Nos sabemos que os partidos políticos fixérono moi mal polo de agora; fatal. Proba de elo é que moitos de nos estamos a vivir situacións de vida precaria incluso sendo grandes profesionais cualificados.

O que si temos claro é que o machismo é unha actitude. Non depende de quen goberne porque existe na xente; nas persoas. Por moito que cambien as leis ou os partidos que gobernen a diferencia social que puidese existir entre homes e mulleres vive nos individuos. Sempre haberá quen é machista ou feminista, racista, xenófobo, incluso haberá quen é do Betis (o peor que podes ser, e tamén rompo a regla de Pentavox de non falar de fútbol).

No videoclip que temos entre mans Liviao De Marrao tráennos unha fermosa balada metaleira chamada Cantiga de Feto, que combina unha progresión clásica de acordes menores con violín e o “power” das guitarras distorsioadas que entran nos momentos álxidos da mesma. Un tema que luce espectacular na voz de Sara de Sousa.

En canto á produción audiovisual dicir que o acabado é inmellorable e presenta unha montaxe totalmente profesional que acompaña ó ritmo da canción con transicións suaves e boa selección dos momentos e os planos.

No referente á historia que contan no videoclip, simplemente temos que dicir que nos impactou duramente. Non é agradable ver símbolos franquistas, violacións, xente comendo fetos, mulleres aforcadas ou miolos esparexidos pola habitación. Especialmente cando te chega un clip de Liviao de Marrao e o vas ver todo “happy” pensando en Ska, festa, xabaríns…

De todos modos; se alguén pensa que algunha vez vai vir algún político a coidar de nos ou das nosas familias podemos dicirlle tamén que os reis magos non existen e o ratonciño Pérez son os pais. E con respecto ó machismo; quen o padeza (porque é unha enfermidade) compadecémolo; xa que hai moitas mulleres e homes fortes que loitan polos seus dereitos cada día en igualdade.

.

AÑADIR COMENTARIO