Capacho Rock de Os Vacalouras…o carallo é dar sulfato…

Capacho Rock de Os Vacalouras…o carallo é dar sulfato…

, 1 de junio de 2016

Tal como di o videoclip, “para beber viño hai xente, o carallo é dar sulfato”, así se pode resumir o vídeo dos Vacalouras, Capacho Rock.

Xa falamos deles polo EP que acaban de editar, a agora traemos o vídeo. A canción do mesmo título que o disco, Capacho Rock, é unha declaración de intencións. A reivindicación eterna dos avós, que beber viño está ben, pero que hai que traballar nas vides para facelo. Sulfatar, podar, regar, lavar botellas, prensar, etc…eso todo da traballo e as veces parece que o viño se fai solo. Os Vacalouras demostran que non. Que hai que mancharse de terra e uvas.

Gravado na vendima en Ponteareas e na Tasca O Piollo en Teis, todo o vídeo está ben feito en ton humorístico. As pintas do grupo xa teñen reminiscencias de Kant e Nietzsche nas letras, e a Bergman se lle recorda nos planos medios. Incluso John Ford firmaría esas escenas no furancho. E na parte instrumental se recorre á psicodelia e lembran o mundo onírico de Kubrick. O obxectivo de chamar a atención e poñer imaxe ó Capacho Rock está ben logrado.

Eso si, o tema soa moi ben, as guitarras espectaculares, e Os Vacalouras é grupo para ver en directo, que o uso e abuso do humor e a gheada sempre quedan mellor na festa co público. Xa sabedes, para beber hai que traballar, xa logo botamos unhas risas….

AÑADIR COMENTARIO