Webseries: PIB (Produto Interior Bruto) Moi pero que moi bruto

Webseries: PIB (Produto Interior Bruto) Moi pero que moi bruto

, 1 de junio de 2016

Unha comedia que mestura picaresca e vicio na Galicia rural máis profunda. Dous protagonistas do mais auténtico nunha produción tan tola coma caseira.

A serie, trata de recrear o ambiente rural de A Limia (Ourense) a través dos ollos dunha parella de

lacazáns friquis, que desfrutan a vida a tope sen pensar o que virá mañá. Cun marcado coñecemento da cultura popular a través do refraneiro mais enxebre atoparanse metidos en situacións chanantes en todo tipo de escenarios da Galicia costumista levada ó máximo grao de exaxeración. Coa base do humor máis clásico potenciado cun marcado punto irreverente; a serie poderíase definir como politicamente incorrecta, transgresora e totalmente provocadora.

O punto forte de PIB son os seus protagonistas. Encarnados por Héctor Casas e Alfonso Míguez, Richi e Maxi resultan completamente naturais, cribles dentro do surrealismo das súas vivencias, cómodos diante da cámara e incluso fermosos no conxunto das situacións que lles toca vivir. A facilidade coa que se expresan e o uso tan acertado de ese castrapo tan característico e entrañable sobresae por riba dos demais actores da webserie e das situacións que os guionistas tiveron a ben escribir para eles.

Se ben o conxunto non é unha obra mestra e ten moitos problemas a nivel técnico, como saltos no volume, algunhas malas eleccións nos momentos de luz e ás veces inestabilidade na fotografía, hai que destacar moitas das súas virtudes como un espectacular uso dos efectos especiais, a mellora progresiva no acabado xeral a medida que avanzan os episodios e unha montaxe mais que digna para o que acostuman a ser estas webseries autoproducidas con presupostos mínimos.

A serie comeza a todo trapo presentando a Richi e Maxi, con especial atención ó estilismo de Maxi, que inclúe abrigo de pel de vaca, vestido de Los Suaves con ligueiros e medias de reixiña. Unha imaxe inesquecible. Coñeceremos os seus hábitos e costumes, como ir ó puticlú, pasear no tractor, beber cousas que matarían ás ratas e sobre todo ir na procura de mulleres; tanto da que sexan xoves ou vellas, gordas ou fracas, aquí o que conta é a cantidade.

Á marxe de que o ritmo da serie poida calar ou non nos espectadores, podemos dicir que hay un bo feixe de gags, frases lapidarias e personaxes interesantes como para que mereza a pena ver algúns dos episodios que conforman a primeira tempada, xa completa e dispoñible para todos.

.

Se vos gustou o primeiro capi-tolo; dicirvos que o segundo é mellor; e que tendes os 5 que compoñen esta primeira tempada dispoñibles desde a web de serie; neste mesmo enlace.

AÑADIR COMENTARIO