Unha Clase de Historia con Ataque Escampe (Alan Lomax)

Unha Clase de Historia con Ataque Escampe (Alan Lomax)

, 6 de junio de 2016

A historia de Alan Lomax pasou por Galicia nos anos 50; un home especializado en recoller gravacións da cultura musical autóctona de todo o mundo que, con toda a intención, recolleu as primeiras músicas tradicionais da nosa terra.
Alan Lomax xa ten a súa homenaxe gracias a Ataque Escampe: A Coruña, Corcubión, Fisterra, Pontevedra, Soutoxustre, O Hío, A Caniza, Ourense, Avión, Ribadavia e Solveira foron as localidades polas que pasou o texano (De Austin, mais guiri non se pode ser) co seu pesado magnetófono, recollendo as mostras musicais que ía atopando e empapándose da nosa cultura mentres a Guarda Civil non lle quitaba ollo de enriba por se era un espía americano que quería informarse sobre o réxime franquista. A nos gústanos imaxinar a Alan Lomax cun marcado acento americano degustando queixo de tetilla e gravando ós labregos namentras dous axentes estilo Mortadelo e Filemón, pero con monteira, ían revisando cada recuncho dos lugares onde paraban.

.
Seu é o disco Galicia da serie “The spanish recordings” e voume permitir o luxo de engadir ás miñas liñas un anaco de Review americana do material: a simple listen to the piping on “Muinera De Carballo” or the martial “Alborada de Ourense,” with its heavy drumming, should be enough to stir familiarity. Que poderiamos traducir como, unha escoita da gaita da Muiñeira de Carballo ou a marcha “Alborada de Ourense” coa súa percusión pesada fainos sentir coma na casa.

.
E que segundo Ataque Escampe, Alan Lomax estaba coma na casa en Galicia, e aínda que non atopou o amor si que puido degustar a nosa gastronomía, cheirar o doce arrecendo das nosas costas e, xa daquelas, acudir a os noso bolos. Se puidese levantar a cabeza e ver a nosa axenda semanal cargaría de novo o seu equipo de gravación e viría a lume de carozo a nos facer unha visita.

.

Un videoclip moi simpático, cunha excelente montaxe na que se ve a un moderno Alan Lomax repasando ó mellor da nosa cultura popular. Un tema pegadizo, ben traballado, con rimas enxeñosas e sobre todo, educativo, que serve para nos lembrar a importancia dunha desas figuras que aparece de cando en cando por Galicia para levar a nosa cultura polo mundo adiante.

AÑADIR COMENTARIO