Digno dun Videoxogo. O novo videoclip de Arrhythmia “Tan só notas”

Digno dun Videoxogo. O novo videoclip de Arrhythmia “Tan só notas”

, 15 de junio de 2016

Esta semana que andamos cubrindo o E3 nos chega á redacción un videoclip que non sabemos se é mais de Gears of War ou de Lost Planet, pero abraiounos coa súa ambición e posta en escena.

Hai tan só uns días que falabamos do novo traballo de Arrhythmia, o seu disco II; un segundo traballo que nos deixou moi boas impresións. Hoxe temos o pracer de vos introducir o seu novo curto. Unha metraxe da que sacar peito pola súa impresionante mistura de escenarios épicos, efectos especiais e acabado final. Un grupo que está a dar un paso adiante tanto no aspecto musical coma en termos de imaxe. Non tan só notas polo que podemos ver.

Se o tema que nos ocupa fala da música como vía de escape i expresión, non poderiamos imaxinar mellores localizacións para o facer. Rings de loita, planetas nevados ó estilo Lost Planet, que cambian a paraísos de lava estilo Gears of War; un domo futurista estilo Tron coa A de Arrhythmia como escenario… Todos os soños húmidos dun grupo de Metal nun mesmo clip e ademais sen pasar a liña da saturación. Fino, potente e moi espectacular, deixando todo ó protagonismo á banda.
Como din eles mesmos “estannos a pregunta se nos tocou a lotería polo aspecto do videoclip; pero todo é obra do noso Batería e dos nosos medios”. O que ten aínda mais mérito para nos conquistar. Gran traballo de Álvaro L. Barreiro, que xa amosara o seu potencial coa composición do cartel da presentación formando parte da nosa selección de carteis favoritos.
.

AÑADIR COMENTARIO