A Gramola Gominola…Son o Campión….ollo…internacional…

A Gramola Gominola…Son o Campión….ollo…internacional…

, 16 de junio de 2016

Un colexio en Melide, un feixe de nenos e nenas brincando, e o grupo A Gramola Gominola xa pode facer un videoclip. Así de sinxelo…

Imos por partes, que isto non é metal. É música para nenos, unha canción que fala de saír a xogar á billarda ou estornela, ás chapas, á chave, etc…nunha reivindicación do xogo tradicional galego, e quitarlle algo de protagonismo ó fútbol, que parece que sorbe os miolos. Son o campión internacional é o título.

Un videoclip ben feito, con colorinchos para nenos, letras sinxelas, pero un toque rock, que tamén hai que ir educando os oídos e non todo vai ser Luar e gaiteiradas. A Gramola Gominola parte dunha idea do guitarrista de Zënzar, crear un grupo de rock para nenos, e o proxecto funciona con un libro disco editado por Galaxia con colaboracións de luxo como Luis Tosar ou Alberto Cereijo, e un nomeamento ós Premios Martín Códax da Música Galega.

Os créditos ó final do vídeo, que así o vedes todo e cantades e brincades coma se forades rapazoulos e rapazoulas de cinco anos que perden un día de clase por saír na tele, como é o caso. Por certo, se queredes aprender a xogar á billarda lembrade que hai unha LNB, Liga Nacional de Billarda, dividida en Conferencias, (Sur, Noroeste, Norleste e Rías Baixas)…e que no Festival de Folk in Río Touro este domingo 19 haberá un Torneo Aberto de Billarda (VII Open de Billarda)…Así que ollo piollo….

.

AÑADIR COMENTARIO