Diplomáticos de Monte Alto e os perigos de coller Percebes

Diplomáticos de Monte Alto e os perigos de coller Percebes

, 17 de junio de 2016

Diplomáticos de Montealto presentan no seu retorno un videoclip con cheiro a mar en homenaxe ós percebeiros con alto contido emocional.

Ser percebeiro é unha herdanza familiar na maioría dos casos. Unha profesión de alto risco por recoller un dos produtos mais desexados do noso mar. Pero ás veces o mar gaña a batalla e provócanse accidentes, nalgúns casos mortais. É por iso que cando alguén che di que é percebeiro mostras o teu máximo respecto e admiración. Son xente coma esta a que lle pon nome á Costa da Morte.
Un tema que mistura música tradicional con toques rock no que participan os auténticos protagonistas en primeira persoa, combinando planos de cámara sobre o ombro con imaxes espectaculares da costa de A Coruña, tanto aéreas como a ras de mar. Á forza da percusión e a rudeza dos coros encaixan á perfección para esta oda o traballo da xente do mar e o propio océano que inda que pareza calmo é capaz de soltar as súas coiteladas de sal cando menos o agardas. Benvidos de novo a un dos grupos mais emblemáticos das nosas terras: “No mar crecerán sempre rosas”.
E para que non digades que non son tamén uns bos frikis; no último minuto do vídeo sae R2-D2 (que non ven a conto para nada pero mola).
.

AÑADIR COMENTARIO