Skandalo GZ e Rebeliom do Inframundo mostran o camiño no seu novo clip.

Skandalo GZ e Rebeliom do Inframundo mostran o camiño no seu novo clip.

, 20 de junio de 2016

As cousas están a cambiar no noso panorama musical. Xa podemos berrar ben orgullosos, non de encontrar o camiño, senón de o saber retomar. Xa que Galicia ten un panorama musical rico e insuperable; a envexa das demais comunidades e unha mais das tradicións que forman a nosa cultura.

Parece que a sensación é que de hai ben pouco non había case movemento musical en Galicia. Os grupos consagrados de sempre e algunha que outra novidade que ía chegando sen facer moito ruído. Un panorama musical que semella estoupar nos anos da movida, pero a realidade ven de moito mais lonxe.

A realidade é que somos celtas; que a música sempre estivo viva aquí dende tempos inmemoriais, que hai miles de anos xa se facía percusión con paus e se acompañaba de voces. E ese legado esténdese á época romana, continúa con Martín Codax, con Afonso X e con todas as cantigas que deixou a época medieval. Para nos, a música é unha necesidade; unha forma de expresión tan básica como a mesma fala, algo que levamos baixo a pel. A nosa identidade. Da igual se se expresa en celta antiguo; en galego portugúes, en castrapo ou mesmo en castelán ou inglés; todos somos fillos da mesma terra e chóvenos por enriba a mesma auga. Se seguimos sacando arte cada día, facendo ruído coas nosas composicións, mandando mensaxes a todos os fans e procurando mover a toda a nosa xente, máis cedo ou mais tarde conseguiremos facernos escoitar. Podemos estar ben seguros.

O novo traballo de Skandalo GZ e Rebeliom do Inframundo é un canto de vitoria, que se afasta un pouco da protesta furibunda para transmitir a alegría da creación. Unha nova mistura procedente da prolífica Ponteareas entre Rap e Ska para unha canción pegadiza, que ten todos os ingredientes para se converter nun himno de afirmación para todos os que traballamos en facer de esta industria algo polo menos tan grande como o que é.

No videoclip podemos identificarnos con esa persoa que precisa de atopar algo diferente nas súas escoitas musicais diarias, que xa todo lle parece igual (é o que sucede cando te moves nos círculos comerciais) á que lle chega o momento de empezar a descubrir a música real. A que habita ó lado das nosas casas. Por iso; mais que abrir camiño é retomar a senda da nosa tradición musical, levada ó día, evolucionada, expandida a todos os estilos e para todo tipo de público. Quen pedía novos tempos? Aquí os tendes.

.

AÑADIR COMENTARIO