Webserie Veciños e o Universo Páramo Pictures (humor absurdo)

Webserie Veciños e o Universo Páramo Pictures (humor absurdo)

, 21 de junio de 2016

¿Queres coñecer ó “gañán” galego? ¿Versións galeguizadas de Wrecking Ball ou Duele el corazón? Todo iso e moitas mais idas de olla nesta entrada sobre Páramo Pictures; ata os ghuevos de rir.

Seguimos repasando webseries Made in Galicia; desta volta temos bonus, porque ademais de webserie traemos videoclips de éxito mundial ambientados no marabilloso universo de Páramo Pictures; a produtora de cine independente mais tola de Galicia.

Veciños é unha comedia do absurdo levada o terreo rural, un tema sempre quente nas nosas terras; os veciños. ¿Quen non ten un veciño fodón que pon patas arriba as nosas vidas nos mellores momentos? Eu podo facer colección, pero ningún tan divertido como os que conviven con Alberte, o fillo da Ermitas, que ven de volver da súa experiencia na universidade e as grandes cidades para se atopar cun xeito de vida do que terá moito que aprender.

Ramón será o seu Cicerone particular; ensinará a Alberte como se vive na vila, coma triunfar cos seus veciños e como sobrevivir ás liortas que se montan por temas puramente transcendentais: os límites da eira, facer trampas no tute ou como facer que os teus invitados a xantar queden tan satisfeitos que non caiban polas portas ó rematar. Todo elo co seu particular estilo rural, de forma directa, sen pelos na lingua e marcando un contraste tan brutal dende o primeiro minuto que as veces te fai pensar que non se pode ir mais lonxe (ou caer mais baixo, como a sección na que imitan a loco mía con sandías) e as veces te colle coas defensas baixas e mátante de risa.

Todo un universo (ou cutreverso, segundo se mire) ó servizo de un guión que tanto pode rozar o ridículo como elevar os seus creadores ó ceo do humor sublime. Para min paga a pena obviar as carencias técnicas e as malas bromas para captar e desfrutar das recompensas e detalles que contén a serie no seu interior.
.

Unha das suas características definidoras é a inclusión obrigada dunha versión en galego de algún tema de éxito en cada capítulo. Algunhas absolutamente xeniais como a versión de Killing in the name of de Rage Against (Se non che gusta quéimao, na versión de veciños) e outros un pouco mais duros como Start me up dos Rollings na forma de Tes cambio (no episodio 4 xa non quedaban neuronas para moito mais).

Unha pura xenialidade escondida baixo un formato humilde, ás veces hai que pasar polo aro nalgunhas bromas que non acadan o nivel e rozan o ridículo, pero compensan con auténticas xenialidades en cada capítulo. Unha serie que ademais nos permite coñecer mellor ós personaxes do Universo Páramo, ós que se lles colle deseguido moito cariño. Alto perigo de acabar copiando as bromas e chistes recorrentes entre os colegas se a vedes todos xuntos.

Temos que destacar tamén a incrible labor cómica da produtora nas súas adaptacións de videoclips e cancións de éxitos comerciais coma Wrecking Ball (Ferti Món), Gangnam Style (Vou estalar), Adrenalina (Bertolina) ou Duele el Corazón (Préndeme o boi). Auténticas xoias do humor en formato reducido que están a causar furor na rede. Deixámosvos coa sua última xenialidade en forma de videoclip coa parodia de Duele el Corazón adicada a Enrique Iglesias.
.

AÑADIR COMENTARIO