Perdinme no Mar; novo clip de Biribirlocke

Perdinme no Mar; novo clip de Biribirlocke

, 27 de junio de 2016

Os rapaces de Biribirlocke pérdense no mar e o mellor xeito de atopar o camiño de volta e baleirar unhas cantas botellas de birra galega… Para meter despois as mensaxes, non pensedes mal, oh!

Para nos, a resposta de porque se perden e de como volver está na sua música. Perdinme no mar é unha nova proposta, que se afasta do ska ó que nos ten habituados Biribirlocke para se meter dun xeito mais directo na onda rockeira, pero sen perder nin un chisco na potencia da sección de ventos. Semella que esta nova volta de torca séntalles ben; o tema é pegadizo, ten un bo son e unha produción impecable.

No videoclip, dirixido por Martín Pérez, da produtora A Fiestra vemos á banda nunha xornada de convivencia, onde se pode apreciar o duro traballo que hai detrás de cada acorde e letra, creatividade en estado puro.

Como consello para eles, para eses momentos nos que non atopan motivación ou diversión e o corpo non responde para seguir tocando coa banda recomendámoslles unha alimentación saa a base de produtos da terriña e menos cigharros e alcohol. Se xa e complicado manterse en pe tal como están as cousas os malos vicios non axudan a atopar motivación nin folgos, especialmente ós da sección de ventos, que son os que mais se teñen que coidar.

Bromas aparte, un traballo moi serio en este segundo adianto, tras Marchar, que xa amosara esta nova liña musical do seu novo disco, ó que estamos desexando meterlle a man para desfrute dos nosos lectores. Tras marchar e perderse no mar, coidamos que o seguinte single podería chamarse desintegración nuclear ou travesía polo deserto. Veremos con que nos sorprenden.
.

AÑADIR COMENTARIO