Os Xoves de Codax (falamos de concertos, non de viño)

Os Xoves de Codax (falamos de concertos, non de viño)

, 29 de junio de 2016

Os xoves son os novos venres, o novo esmorgues e agora que temos bo tempo ábrese a terraza Martín Codax para unha nova tempada de concertos ó aire libre. Botamos unha ollada ós artistas que este ano se asomarán na comarca do salnés.

Cinco anos xa dende que as adegas Martín Codax abren as suas portas para nos convidar a unha terraza que cada verao se enche coa música de Galicia (isto xa semella unha presentación de Master Chef en vez de Pentavox). Unha estupenda maneira de apoiar ó panorama musical e dar a coñecer os seus produtos (podes escoitar música ó vivo e pillar un peido de viño branco todo nun mesmo pack) ós mais frikis da música de aquí.

Estes son os artistas e bandas que este ano se pasean polo evento, lembrade, cada xoves de xulio e agosto haberá alo menos unha actuación, comezamos:

7 de xulio actuarán De Vacas, pero estas entradas xa están esgotadas, xa sabedes como vai isto; para a inauguración todo o mundo quere ir, prensa, donos, curiosos… Así que De Vacas mellor ir a outro sitio que este está xa completo.

O único concerto de Xullo para o que aínda quedan entradas celébrase o día 14, é o de Woyza, que todas as webs o califican como concerto Hip Hop… Bueno, dicir que hai nada que vin en directo a Woyza (moi ben, moi bonitiña, canta ben e o da todo) e aínda que rapea nas cancións (non en todas nin moito menos) o que fai mais ben lémbranos ó Gospel americano.

As seguintes actuacións as que non poderedes ir serán as de O sonoro Maxín (día 21) e Sole Giménez con Teo Cardalda, que actuán o día 28 de xulio.

Pero non desesperedes que aínda non é tarde de todo. Queda todo agosto, e estas entradas non saen á venda ata o mes que ven. Así que agora é o intre de se planificar ben:

4 de agosto para Eladio y Los Seres Queridos

,

11 de agosto para Silvia Penide

,

18 de agosto con Josemi Carmona & Tacón Gitano

25 de agosto para Uxía & Javier Ruibal.

,

Todos dispoñibles para un xoves diferente, que se está a converter nun clásico do verán galego, tanto polo entorno como polo produto (a música).

Déixovos por aquí un enlace onde podedes conseguir entradas para Wöyza, ou a partir de este mesmo venres para os concertos de agosto. Vémonos alí.

AÑADIR COMENTARIO