O Primeiro videoxogo con texto e dobraxe galega en Steam: BullShot

O Primeiro videoxogo con texto e dobraxe galega en Steam: BullShot

, 5 de julio de 2016

O que estades a ler nestas liñas é historia viva de Galicia. A primeira crítica dun videoxogo galego en galego. Gato Salvaje ofrécenos BullShot, dispoñible en Steam e con dobraxe en galego incluída.
Xa probamos o novo videoxogo de Gato Salvaje. Un plataformas 2d de aire retro que poderiamos encaixar no xénero Shoot’em up, lembrándonos a clásicos como Sunset Riders, Mystic Warriors, Bionic Commando, Metal Slug… ou ós mais recentes como Shoot Many Robots. Un xogo no que o protagonista sae do elenco de personaxes das súas aventuras gráficas AR-K para cambiar de aires totalmente e vivir unha experiencia de acción desenfadada e humilde, pasando a ser o primeiro experimento de Gato Salvaje no mundo do arcade puro.

A versión que probamos aínda ten que pulir uns cantos defectos, está como “Early Access” en Steam e nos somos un pouco beta testers de este prototipo que nos envían. No xogo controlamos a Franky F. Frank nun entorno de pasarelas. Temos por un lado o movemento do Sprite (o protagonista) que se pode desprazar lateralmente, saltar, agocharse (métese nas sombras para esquivar balas, coma en BlackThorne) cambiar de nivel subindo ou baixando escaleiras. E por outro lado o disparo, que se pode controlar co rato apuntando co cursor nos obxectivos ou co stick dereito en caso de usar mando compatible (hai que configurar previamente ó mando xa que os controis básicos veñen invertidos por defecto). Aparte destes movementos básicos, no xogo podemos cambiar de arma, arremeter (Franky é un touro) e activar pancas ou calquera mecanismo co que se poda interactuar para ir superando as dificultades de cada nivel. O xogo ten unha duración aproximada de 6 horas, con 7 niveis, ainda que pinta que verase ampliado por DLCs polo seu formato.

O xogo non supón ningunha innovación no mundo do videoxogo, tomando a sua xogabilidade de arcades clásicos que xa mostraron estas mecánicas anteriormente. Hai que mencionar que as veces o control é rudo, especialmente á hora de saltar, que responde cun lixeiro atraso que pode provocar caídas innecesarias que te poden levar directo á morte nas fases nas que hai ácido ou lava baixo as plataformas.
Tamén botamos en falta obxectivos mais definidos e alicientes á hora de continuar, que non sexan seguir cara adiante e matar por matar. De todos modos e pese as súas carencias na resposta e a animación resulta o suficientemente entretido como para xustificar o seu custo (1,99€).

Na parte positiva mencionar que ten dobraxe en galego e o protagonista solta frases míticas ó acabar cos inimigos en pantalla; cousas como “vai rañala raparigo” , “Vouche aplastar, miñoca” ou “no multixogador co ferrote” danlle moita vida a un título que basea o seu atractivo nunha xogabilidade sinxela, detalles divertidos (como disparar ás portas dos inodoros e ver dentro a un tipiño lendo o xornal antes de estoupar, literalmente) e a moda retro, que está a causar furor últimamente no mundo dixital (para min perfecto, que o meu PC tamén é humilde). Coma primeiro xogo estilo Arcade pódese dicir que é un éxito, pero atopamos moitas cousas que pulir, que agardamos que vaian chegando en vindeiros títulos ou mesmo en forma de actualización.

Deixámosvos un vídeo Gameplay de BullShot para que o xulguedes vos mesmos, lembrando en todo momento que acabades de ler a primeira crítica en galego dun xogo con textos e dobraxe galegos; todo un logro en si mesmo (aínda que non nos dean cromos por el en Steam).
.

E por aquí a ligazón de Steam onde poderedes mercar o xogo (aproveitade que está de oferta ó 50%)

Un Comentariospor ahora:

  1. […] llegó el Bullshot (Bullshit para Pentavox) que fue el primer juego en Steam con doblaje gallego. Y es meritorio, sí, […]

AÑADIR COMENTARIO