Luar na Lubre nos tellados de Muxía no seu novo vídeo

Luar na Lubre nos tellados de Muxía no seu novo vídeo

, 7 de julio de 2016

Muxía a vista de paxaro como nunca antes a viras. Todo co sabor que lle da a música de Luar na Lubre para unha presentación ó estilo Beatles, tocando en vivo nunha terraza.

The sailors Hornpipe/Pasacorredoiras é o novo sinxelo (aínda que de sinxelo ten ben pouco, xa que contén ata tres melodías) de Luar na Lubre, que non só estrea tema senón que ten o pracer de agasallarnos coa presentación dun novo compoñente. A Violinista Antía Ameixeiras, que polo visto na presentación, ten unha pinta estupenda.

A idea segue a tónica daquel concerto dos Beatles de 1969, cando subidos na azotea de Apple Records abraiaron a todo o mundo cunha actuación sorpresa, que rematou sendo a despedida do grupo. Pero esta vez non hai despedida, senón benvida, e o arrecendo a festa e celebración nótase nas faces dos compoñente de Luar na Lubre e do público; os veciños de Muxía, que desfrutaron do espectáculo ofrecido pola banda durante a gravación deste clip que temos entre mans.

Na composición, podemos descubrir tres temas recollidos de diversas fontes populares folclóricas e unidos nun “mush up” moi animado. The sailor’s Hornpipe é un clásico irlandés moi festeiro, ben adaptado por Luar no Lubre, ó que lle seguen o Pasacorredoiras de Poio e o de Vilalba, do cancioneiro galego de Casto Sampedro e Folgar. Xa cheira a clásico para as vindeiras festas.

O vídeo, gravado por Contraproducions (coas tomas de dron de Rubén Prieto) recolle o fermoso litoral de Muxía e as vistas aéreas fan posible captar a beleza da súa abrupta xeografía dun modo nunca antes visto na pequena vila da Costa da Morte. Que non pare a esmorga!!
.

AÑADIR COMENTARIO