As Festas do Apóstolo e as músicas do mundo

As Festas do Apóstolo e as músicas do mundo

, 13 de julio de 2016

Un clásico do verano xa a volta da esquina. As festas do Apóstolo chegan a Santiago cun programa musical confuso e difícil de descifrar. Imos botar un pouco de luz sobre os concertos que do 15 ó 31 de xullo farán a súa homenaxe a Santiago.
Tra-lo clásico pregón aburrido do día 15 no que se inauguran as festas, o primeiro concerto que atopamos e o de Deolinda (Portugal), xa vemos que as músicas do mundo abren o clásico Compostelán, e terán moita presencia durante as dúas semanas. Para o sábado 16 haberá unha xornada de folclore galego a partires das 21:30. E o domingo pola noite un homenaxe a Los Tamara, que este ano están a recoller o recoñecemento merecido a toda unha carreira. Artistazos como Paco Lodeiro ou Rosa Cedrón uniranse a este concerto.

Acelero que non chegamos. Luns 18, xornada de contos, danza contemporánea, Jazz Flamenco dende Cádiz, música nixeriana e concerto de terrazas de The Shivas no Bar Olvido (De Portland, nada menos, pero 4 amigos que poderían ser de A Gudiña).

Martes 19, non cases nin embarques, nin contes contos polo día. Pola noite Aldaolado con poesía e humor femininas (eu pensaba que o humor non entendía de xéneros, a isto xa nada). Rumbiña na Quintana con Petitet e a sua orquesta e concerto de músicas do mundo, outra vez con Portugal e con Luiz Caracol (ó seu ritmo).

Mércores 20 (veña que xa chegamos á fin de semana). A ver se adiviñades… Moi ben!! Sí, músicas do mundo co New World Gospel Ensemble (que a ver se lle adican unha ó santo) e Mo Rodgers Blues Band na Quintana. Quen prefira copla atoparaa na Praza do Toural con María Rodés (Barcelona).

Xoves, mi madriña, por fin. Concertazo, temos que pasar por todas as músicas do mundo para chegar pero aquí estamos con Caxade, Cró!, Familia Caamagno e Terbutalina na praza da Quintana. A esmorga definitiva pero… Que foi das músicas do mundo? Pois están na praza do Toural namentres con Talabarte, músicas do mundo, pero de Galicia.

fiestasapostolcartel

Venres 21; aquí deberon de pensar: “Xa estarán fartos de músicas do mundo” así que por eso mesmo ás 19:00 temos un marabilloso obradoiro de (a ver se o adiviñades desta volta) danzas do mundo. Que se o colocan ó inicio das festas xa nos instrúen para todo o Apóstolo. Mención destacable a Circompostela, que será a protagonista do día con actuacións dende as 22:30 no Parque Belvís. Na praza ds Quintana, festa DJ con Rude Teo, Dj Mil e DJ Ches.

Sábado; actividades en familia todo o día, maxia, futbolín, circo, torneo de Chave, contos, e para rematar o día na Praza da Quintana Charles Bradley & His Extraordinaires (músicas do mundo ¿non?) co seu Blues e Funk (ten un aire a James Brown para quen non o coñeza).
Domingo; o día do Folc (porque ata agora non houbo, claro) concertos de Xose Lois Romero e Aliboira, Nova Galega de Danza, Andrés Penabad e Riobó. O nivel está mais que asegurado. Ademáis esta é a noite do espectáculo na fachada da catedral; todo o demais pasa a un segundo plano, xa sabedes: pirotecnia, proxeccións, bocas abertas, láseres… E festa rachada coa Orquestra Alameda para manter a tensión do espectáculo.

Luns día 25, día do Apóstolo, concertazo de dous clásicos ben coñecidos polos nosos lectores coma son Samesugas e Ruxe Ruxe. Entre as dúas bandas suman 37 anos (exactamente os mesmos ca min, que andiven a facer todo este tempo?) dando guerra nos escenarios coas suas músicas do mundo. Para o martes, na praza da Quintana os Dandy Warhols, que son coma os Gilly Wilders ou os Hugh Langrants.
O mércores 27 e o día de Padrón en Santiago e haberá concertos pola rúa. Haberá que patear un pouco pero atoparémonos con grupazos coma Hellorice, Mollo Experience, The Candidates, Ivy Moon… O mellor para ir de tapas e descubrir boa música na rúa. Para a noite, na Quintana, Molotov JukeBox e os Crebinsky (estes sí que fan músicas do mundo, xúrovolo). Xa estamos a xoves, día da música clásica, Chaikowski (en galego se escribe así) Chabrier e máis músicas (clásicas) do mundo. Venres 29 Nik West+Mambo Jambo, á que describen por aí como a Lenny Kravitz feminina (xa lle gostaría a Lenny).

Xa so quedan dous días (e iso que prometín que non me ía estender) o sábado que foi declarado día do traxe galego, con actuación de Carlos Blanco e Luis Davila pola noite na Quintana (humor, non música, ou se cadra ambos). E o Domingo, co serán de Hip Hop con Comando Katana e compañía.
Para rematar as festas, o concerto de Roi Casal: Son galego, son cubano, coa sua música do mundo (porque Galicia e Cuba tamén están no no mundo). Fogos artificiais, fin de festa e traca final coa orquestra Tamarindos.

22 páxinas de programa de festas, sen pelotazos, nen grandes sorpresas, apostando por cultivar as artes e culturizarnos musicalmente con músicas do mundo que o gran público descoñece e torturando con pachanga e orquestras ó público especializado (minoría) que pasará polas festas do Apostolo. Entre todo o programa de festas so o xoves 21 e boa parte do mércores 27 apostan polas bandas galegas de éxito (falo do panorama estrictamente musical, que quede claro), tendo en conta a duración do evento (medio mes) ben poderían estirarse un pouco mais, e xa postos a cultivar á audiencia, que sexa con xente de aquí, que tamén fan músicas do mundo e sobrados de calidade. Felices festas do Apóstolo.

6 Comentariospor ahora:

  1. RanciosNon dice:

    Non entendo moi ben cal é o problema coas músicas do mundo… igual non está de todo mal abrir un pouco o horizonte máis alá de nós non?

  2. David34 dice:

    Amigos de Pentavox,

    Después de leer esto, me veo “obligado” a escribiros porque la verdad es que me acabo de decepcionar un poco con vosotros. Os sigo desde hace ya tiempo y me gusta mucho vuestro trabajo, pero creo que en este artículo no habéis estado del todo acertados por el “tono” en el que está escrito. Más que opinar, parece que estáis despreciando ciertas músicas.

    Estoy totalmente de acuerdo con vosotros en defender las propuestas musicales del panorama gallego, pero creo que tampoco debéis tiraros tanto de la moto, ya que no predicáis tampoco con el ejemplo. En este medio no veo que se hable de ciertas propuestas musicales que salen un poco de cierta “línea”. La cuestión no es que no haya “músicas do mundo” gallegas, la cuestión es que no os gustan las “músicas do mundo” (o al menos es la sensación que me da al leer esto).

    No lo digo por mal, pero sinceramente me habéis decepcionado un poco con ciertos comentarios.

  3. Casual Player dice:

    No veo ni un solo comentario despectivo a ninguna banda. Es mas, ponen bien a todas las actuaciones y hablan de culturizar al publico. Lo único que ponen mal es la Pachangas de las orquestas. Lo de las musicas del mundo no es mas que una broma porque abunda esa descripción en el programa y es englobar muchos estilos distintos en algo muy vago. Increíble descripción del evento y una manera genial de ver todo el programa de forma sencilla. Como digo siempre: el mal está en los ojos que miran. Seguid así chicos, gracias.

    • David34 dice:

      No he hablado de comentarios despectivos hacia las bandas, lo que he dicho es que “parece que estáis despreciando ciertas músicas”. Y no lo he dicho como una afirmación rotunda, si no como la sensación que me transmite a mi al leer este artículo, aunque esté escrito en clave de humor como bien dices. Lo que es evidente es que hay una predilección sobre una línea y un estilo concreto… y no digo que sea malo, por suerte hay variedad de gustos. Pero a la hora de opinar hay que tenerlo en cuenta y no creo que haya estilos que estén por encima de otros. Es mi opinión y no lo digo con ningún tipo de “mal”.

      • Daenmir Daenmir dice:

        Buenas David34.

        Antes de nada decirte que en la redacción hay un número importante de músicos y nunca en la vida se nos ocurriría el despreciar ningún estilo musical; sobretodo porque sabemos el trabajo, dedicación y sacrificio que requiere cualquier instrumento y género de música.

        Despúes en cuanto a la variedad musical, en Pentavox amamos la música pero somos una revista joven y hay géneros a los que cuesta que te dejen entrar a comentar. Con lo que estamos trabajando en ello y en breves podrás disfrutar de reviews y entrevistas no solo de Hip Hop, Rap, Rock, Dubstep, Folk, Metal, Salsa Blues, Soul Country y Musicas del Mundo como hasta ahora, si no abarcar todos los géneros que por suerte se hacen en nuestra comunidad autónoma.

        Te invito a que te registres en la web y disfrutes no solo de las próximas noticias y artículos, si no de nuestro sistema de puntos con el que pronto podrás entrar en sorteos gratuitos.

        Un saludo y un abrazo de parte de toda la redacción.

  4. […] En Santiago empiezan las fiestas do Apóstolo, de las que hacemos un seguimiento total en este reportaje, en el ciclo atardecer no Gaiás disfrutaremos de Bifannah y su psicodelia. También en Compostela […]

AÑADIR COMENTARIO