Ezetaerre, aprendendo do pasado en “A herdanza do vento”

Ezetaerre, aprendendo do pasado en “A herdanza do vento”

, 13 de julio de 2016

Seguemos a tratar de sacar partido á Cidade da Cultura. Desta volta son Ezetaerre os que ambientan a súa curta musical no Gaiás. A vida é unha loita que ven de lonxe. Ezetaerre non esquecen o noso pasado e agora toca pelexar polo futuro.
Alberto Lora e Sergio Cora (Néboa Films) nos ofrecen este novo traballo de Ezetaerre; A herdanza do vento. Un videoclip cunha montaxe deliciosa que mistura imaxes da zona vella de Santiago coas da “nova construción” da Cidade da Cultura. Unha alegoría perfecta para captar as verbas do sinxelo dos rapaces de Ezetaerre, nas que lembran ós heroes e as heroínas do noso pasado para se presentar coma os novos guerreiros dos tempos que estamos a vivir, que tamén son fodidos, pero se os comparamos co noso pasado mais recente (o dos nosos pais e avós) moitas veces saímos perdendo.

Unha lección que non debemos esquecer é a de non caer nos erros do pasado. Así que ter presente o mesmo é vital. De cando en vez veñen ben estas mensaxes que nos lembran que hai que seguir a loitar cada día polo noso futuro e non vale acomodarse.

A herdanza do vento é un tema moi interesante pola súa vertente celta, a inclusión de instrumentos irlandeses e o seu aroma a folk clásico na base. Todo combinado co hip hop doce e harmonizado de Ezetaerre para un resultado de rap lírico de moita calidade. Todo unido á unha letra emotiva, ben traballada, que invita a loitar pero dun xeito sutil e cargado de esperanza. Se temos que lles poñer algunha pega sería simplemente que estaría ben traballar un pouco mais as coreografías para obter un traballo perfecto.
.

AÑADIR COMENTARIO