Trapallada homenaxea co seu novo clip “Á xente do mar”

Trapallada homenaxea co seu novo clip “Á xente do mar”

, 14 de julio de 2016

Foto: Las fotos de Les. Se o mes pasado os Diplomáticos de Montealto homenaxeaban ós percebeiros, hoxe tócalle a Trapallada adicarlle unha canción a toda a xente do mar, auténticos heroes das nosas costas.
Eu sonche rapaz de cidade e non alcanzo a apreciar a dureza da vida no mar. Maréome collendo o barco a Cangas e morro de frío ó tocar a auga do océano cos pes cando vou á praia. Non sobreviviría nin un día embarcado, canto mais para pensar en tormentas, mareas, polbos xigantes, krakens e demais perigos que se agochan baixo o azulado lenzo das ondas. Pero tamén hai encantos escondidos baixo o mar; hai quen fala de sereas, cofres mergullados cheos de riquezas, e se todo iso falla sempre podemos ter a sorte de atopar uns bos atúns ou mesmo unhas cigalas.

Trapallada somérxese (nunca mellor dito) no mundo dos mariñeiros. Cun videoclip rodado no Porto de Oza, nunha nave pesqueira, rodeados de aparellos propios dun barco para nos ofrecer, entre redes, cabos e os seus propios instrumentos (a verdade que resulta chocante ver un ampli de combo Orange neses ambientes) un vídeo no que os protagonistas son a propia xente do mar, que participan activamente coas suas faenas e tamén se animan a bailar un pouco de Ska da man de Trapallada. A curta ven da man de Ideas Octopus Films, que tivo a idea namentres degustaba unha tapa de polbo á feira.

A xente do mar é o primeiro sinxelo de novo traballo de trapallada “Alenta o mar” do que falaremos nos próximos días nesta mesma web. E lembrade, nenos e nenas, que é indispensable agardar alo menos dúas horas despois de xantar para meterse na auga, que logo pasa o que pasa e ó océano hai que terlle o respecto que se merece.
.

Un Comentariospor ahora:

  1. […] colaboración desinteresada en unha canción dedicada de ska. Xente do mar, da que vos puxemos o videoclip, de novo reivindicativa política e social, e con cellos, que iso da calidade e fai chorar y […]

AÑADIR COMENTARIO