¿Sabes o que é o Trap? ¿E o mafleco? Boyanka Kostova

¿Sabes o que é o Trap? ¿E o mafleco? Boyanka Kostova

, 15 de julio de 2016

Boyanka Kostova presume de ser o primeiro grupo de Trap en galego. Non hai nada mais fodido que o trap, alo menos en canto a contido “literario” así que imaxinamos que as tiveron que pasar cadelas para acabar lanzándose con este estilo musical.

O seu nome ven tomado de Boyanka Kostova, unha deportista rusa que domina o mundo da halterofilia. O seu estilo é o Trap, un estilo que nace dos suburbios americanos, no que o propio camelo conta as historias que vive en primeira persoa cando fai os seus “bussiness”. Baseado nas ondas mais escuras do Hip Hop e o Drum n’Bass (dubstep fundamentalmente), o Trap estendeuse a todo tipo de contidos e narradores, pero mantendo a crueza das súas letras. De feito, agora mesmo, está a vivir un espertar a nivel nacional e a se converter nun fenómeno de masas entre os mais novos. Se queda nunha moda ou ven para se quedar está por verse. Polo de agora xa temos un representante con letras en galego.
Maflekow é un tema que nos fala de droga, non lle deades mais voltas nin busquedes mafleco no dicionario. Pode ser o que ti queiras; fariña, cabalo, pastillas… de ahí para arriba (os porros e o alcohol non contan coma mafleco). Na canción o MC (SaibranGG) nos conta a sua experiencia con Mafleco e como afecta as súas relacións persoais, os seus colegas e como condicionan a sua vida i entorno os “trapicheos”.

Un tema, este Maflekow con base dubstep, moi “trap”no seu concepto, e unha interesante base melódica (O Chicho do Funk) todo traballado en analóxico. A voz do MC resulta histriónica, acelerada e difícil de seguir en ocasións; non sabemos se presa do mafleco ou lle sae así de natural, pero nós imos recomendarlle unha boa tila por se acaso.
.

Deixámosvos tamén a letra da canción, para que poidades apreciar as sutilezas das que os falabamos antes e os dobres sentidos do mafleco.

Queren verme o Mafleco,
Ter o meu mafleco
Pero solo solo eu teño Mafleco,
Son o máis mafleco.
Me tiran pa pillar mafleco,
Se volven uns putos maflecos
Cando chegue cos meus maflecos gardando a espalda mostra respeto.

Aquí todos son maflecos,
Se cren Don.
Cren que viven como mafleco,
Queren a mansión.
Pero eu vexo moito paleto, moito fanfarrón.
Para gastarse este mafleco hai que ter permiso i oposición

Vos vexo a todos metendo mafleco dentro do baño de dous en dous.
Salen todos maflecos bille enroscado no pantalón.
Esas tias queren verme o mafleco, usarme, vestir de Dior,
Pero non teño mafleco no peto aí solo gardo unha gran ereción SI!!

Fun ao super a comprar maflecos e estaban pasaos.
Salgo e me encontro a todo os teus colegas mazo enmaflecaos.
Queren mafleco, queren problemas, queren un altercao;
Eu paso de eso mafleco porque están algo tocaos.

Os vexo todo o día con maflecos,
Vexo que son uns putos maflecos,
O día que me poña mafleco non lles deixo nin o recuerdo.
Estou xa farto de tanto mafleco, estou violento de tanto mafleco.
Vou a joderme unha enteira de wisky a ver si me calmo e me quedo mafleco.
BOYANKA KOSTOVA CHE TRAE O MAFLECO.

Un Comentariospor ahora:

  1. perico dice:

    os primeiros non son, deixade de engañar a xente, que OLA PERDIDA SQUAD e BARREIROS GANG fanno de moito mais tempo, e enriba moito mellor

AÑADIR COMENTARIO