Sapos, bruxas, coruxas e o novo disco de Mileth

Sapos, bruxas, coruxas e o novo disco de Mileth

, 19 de julio de 2016

Black metal pagán, dureza deathmetaleira misturada con lírica de corte gótico e celta. Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos é o “novo” traballo de Mileth; unha homenaxe moi particular ós rituais pagáns de Galicia.

Aínda que mais que disco novo poderiamos dicir que é unha recompilación e posta ó día (temas regravados ou remasterizados para acadar un son mais depurado) do seu material. No seu EP podemos atopar cortes de Cancioneiro da Enxebre Escuridade (2012) ou Mitolóxica Errante (2014) e novidades como “Daqueles Vellos Ósos onde morre a vida”.

Un disco longo de mais de media hora para soamente 5 temas longos, que evolucionan e mutan no seu transcorrer presentando formas varias durante a sua duración. Unha combinación interesante que colle partes de música tradicional galega e as leva o terreo da música gótica sen perder o seu carácter celta.
Cunha temática inspirada no pasado pagán da nosa Galicia, sempre rica en historias e lendas (Santa Compaña, Conxuro da Queimada, Noite Meiga…) Mileth inventa un novo xénero que podemos bautizar como “DemoFolk” que resulta moi eficaz para os meus oídos e sáese do estándar para sorprendernos con alalás, muiñeiras e pandeiradas namentres cargan riffs de pura pegada cheos de distorsión e raiba.

Pode gostar mais ou menos, para gustos as cores, pero non se pode negar que é unha proposta orixinal e chea de valor musical, que ben pode servir de inspiración a novos talentos que aposten por este modelo de fusión tan interesante.
.

Eu persoalmente invítovos a escoitar o segundo corte completo “…e na novena onda caeron os deuses” para que collades a idea do que nos amosa Mileth neste “Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos”, calquera día os vemos tocando cóbado con cóbado cos Quempallou nun escenario.

AÑADIR COMENTARIO