Arrhythmia entrevista Pentavox (formato web)

Arrhythmia entrevista Pentavox (formato web)

, 20 de julio de 2016

Arrhythmia son un power trío de Lugo que están a amosar ó mundo que con plena dedicación e un traballo ben organizado pódese chegar o gran público sen venderse nin transformar a base do seu son. Hoxe contestan ás nosas preguntas para os coñecer un pouco mellor ás persoas tras a banda.

O voso nome é desconcertante; fálanos de problemas rítmicos e está claro que tendes o ritmo no sangue, de onde ven entón a elección de Arrhythmia escrito ó estilo British para a banda?
Coñas de local de ensaio cando inda non eramos nin esta banda. Dunha mala tarde quedou “Arritmia” e o de pasalo ó inglés foi unha simple cuestión de copyright.

O voso segundo traballo é un estoupido de son. Parece que acabades de dar un paso mais de cara a vos gañar a vida con isto. Que plans podedes adiantar ós nosos lectores para o que resta de 2016?
A verdade é que temos moitos máis festivais, algúns sen anunciar, dos que contabamos ao comezar o ano.
Todo está saíndo a pedir de boca, supoñemos que inflúen moitos factores como coñecernos máis musicalmente, fixar uns obxectivos comúns, dar prioridade sempre á calidade ás presas por sacar novo material que é algo que temos claro hai un tempo. Tamén temos un manager dende hai un ano que fai que só nos preocupemos en tocar e compoñer e iso nótase unha barbaridade.

Cal foi o momento ou o detonante que fixo que pensarades en adicarvos a isto da música?
Cada un de nós toca dende hai moito tempo, tivemos outras formacións e sempre foi o noso principal hobby sen maiores pretensións.
Cando en 2012 nos xuntamos os tres si notamos que podía ser diferente e que tiñamos que fixar un estilo e tratar de innovar dentro do que se fai aquí. Levounos un tempo pero parece que agora aparecen os froitos.

Como é iso da conta atrás? O primeiro disco chámase III, o segundo II, o terceiro será I? Quedádesvos sen marxe de ser así, que pasará co cuarto traballo, que agardamos chegue a existir algún día?
Na anterior pregunta falabamos duns obxectivos e implican unha conta atrás.
Coidabamos que tiñamos que sacar un EP como toma de contacto que foi “III” que nos abriu moitas portas sobre todo grazas ó tema “Diñeiro”, este segundo “II” é co que conseguimos arriscar un pouquiño máis, coqueteando con diversos estilos: dende o metal a un chisco de electrónica e pensamos que “I” vai a ser a máxima expresión do que desexamos.
Esto non significa que teñamos unha data de caducidade, cando teña que rematar que remate.

Nun disco no que hai tantos arranxos, como facedes para levar todo ese son ó directo sendo só tres persoas? Sodes un trío pero soades a moito mais.
É un tema que nos preocupa dende que nos formamos como trío e que limitou moitísimo o anterior traballo porque non atopabamos formas de levar ó directo algo demasiado arranxado.
A experiencia e a investigación si nos permite facelo hoxe en día, primeiro en canto ós baixos e guitarras tiramos moito de harmonizadores que permiten que todo se duplique e soe moito máis gordo e a maiores nos temas do disco novo en directo lanzamos samples que dan un empaque e unha estabilidade ás cancións que realmente nos encanta.
Todo isto triplica o traballo e a dificultade porque somos 3 sobre o escenario pero o resultado final cara ó espectador é moito mellor.

O videoclip “Tan só notas” conseguiu chamar moito a atención pola sua espectacularidade. Realmente o voso batería é un artista. Como reaccionan os vosos achegados cando lles mostrades o vídeo?

Básicamente non o poder crer jaja.
Temos isto gravado hai un ano, eramos conscientes do material que tiñamos pero tratamos de ter a máxima discreción posible para conseguir o máximo impacto.
Star Wars tiña a George Lucas e nos temos a Álvaro.

Non so o videoclip, senón o arte do disco tamén chama moito a atención; de onde sae ese deseño tan cheo de detalles?

Os deseños de disco e camisolas están feitos por Cos Of Death que é un importante deseñador que fai entre outros os grafismos do Resurrection Fest.
Sabíamos o que queríamos expresar e sabíamos quen queríamos que o fixese, foi todo un acerto.

Un grupo no que verse reflectido?
Posiblemente polo tema de ser un trío e sonar a algo máis hai bandas como Muse o Berri Txarrak nas que nos fixamos moito, inda que pode que non soemos a ningunha delas, á hora de arranxar si tentamos aprender de bandas que soan potentes en este formato.

miniatura-9-pentavox

A que videoxogo vos gustaría poñer Banda Sonora?

Alberto: Se algún día sae e deixan de ser rumores a “Red Dead Redemption 2”. De feito penso que a nosa “Resurreción” valeríalles perfectamente.
Alvaro: Persoalmente faría unha banda sonora para Final Fantasy ou Sillent Hill, polo que me marcou a música de calquera destes dous títulos. A Nivel da banda probablemente o próximo disco teña algunha peza mais épica e que quedaría caralludamente no próximo god of war.
Maci: Non estaría mal un espazo en East Los FM 106.2. Ben sei que non pinta moito, pero faríame unha ilusión enorme ser presentados por Don Cheto ante tódolos oíntes de Los Santos e arredores.

Cal foi a actuación ou concerto da vosa vida como espectadores?

Alberto: Resúltame imposible elixir, pero por motivos persoais recordo con gran aprecio unha actuación de Biffy Clyro e Muse no Palacio dos Deportes de Madrid
Alvaro:Sen ningunha dúbida o concerto de muse no BBK live do ano pasado. Era a primeira vez que os vía e levaba tempo esperando.
Maci: The Hives no Optimus Alive 2008, sen dúbida. 630km que pagaron a pena.

E como banda?

Posiblemente polo que significaba e por como asiu todo, un teloneo que fixemos a Berri Txarrak na sala Malatesta de Compostela.
Cando vas a telonear a un grupo grande esperas frialdade no público e o foso medio baleiro e foi todo o contrario: a sala chea dende o primeiro tema e remataron pedíndonos outra, incrible.

Finalmente preguntar por que hai que irvos ver, que ofrece un directo de Arrhythmia e se queredes deixar algún consello para os lectores ou algunha despedida especial que se vos ocorra
Nun directo ofrecemos toda a enerxía que podemos soltar, hai días mellores e días peores pero non pode haber falta de enerxía.
E como consello que entren no noso facebook, vexan as datas da xira e se veñan de festis con nós!

AÑADIR COMENTARIO