E isto é o amor; novo disco de Caxade

E isto é o amor; novo disco de Caxade

, 21 de julio de 2016

Un disco que navega por variados estilos dentro dun marco tradicional, nun barco pequeniño pero cargado de musicalidade.

O traballo comeza con Homem Bala; Tema pop progresivo, tendendo a rock na onda de U2, o que se van engadindo instrumentos buscando unha subida ás nubes coma din no título, aínda que é un tema sutil e bonito notamos en falta unha explosión final que o eleve un chisco mais.

A segunda canción é un alalá pop co seu punto bailable, tamén moi sutil, coma un ronceo. Da paso a Nábia que sería coma un doce espertar, celebramos a chegada do baixo e empezamos a movernos paseniño entre os instrumentos de vento que van collendo o protagonismo do sintetizador, un pouco mais de movemento.

No cuarto corte fálannos do colesterol e o instrumento principal e o asubío melódico, que combinando cos ventos e o sintetizador nos levan deica un pop con base analóxica pero con ese toque sintético dos adornos. Interesante. É moi orixinal buscar este son nun formato de banda clásico con Acordeón, trombón trompeta e batería tan reducido e sacando partido de cada parte do instrumento, voz ou mesmo partes do corpo.
Continúa o disco con temas bonitos, como E isto é amor, ou mais experimentais coma Independence Day, para desembocar nunha onda un pouco mais costumista con cancións que nos lembran a festas populares de sempre, coma no valse de Sanduicheira ou na canción de escarnio O tojo prende, na que o obxectivo é o poderoso e lembra tempos pasados nos nas romarías ás xentes cantaban estas tonadas en grupos que acompañaban, moi fina, e co punto de conciencia.
Curiosa despedida con Botín, que é un tema case Funky, súper animado e a vez rabioso. Abofé, nos tamén queremos que cheguen tempos mellores así que unímonos á causa de Caxade.
Sinceramente é un disco moi interesante, hai que valorar o formato e o bo partido que lle quitan para conseguir encher ás veces tanto espazo sonoro. Un grupo que se mostra sen artificios, tal cal é, e que se miras na base musical sen buscar nada mais atopas auténticos temazos. Recoméndovos escoitar Botín, así, de súpeto, a pista 10 para que collades a idea:

.

Se vos gusta o que escoitades téndelo fácil por Caxade comparten o seu disco de balde en Bandcamp. Deixámosvos o enlace completo.
.

[rev_slider entradaslider]

AÑADIR COMENTARIO